Solapas principales

Listaxes definitivas de admitidos/as e de agarda das escolas infantís municipais para o curso 2025-2026

Miércoles, 28 mayo, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa sobre a publicación das listaxes definitivas de admitidos/as e de agarda das escolas infantís municipais A Madalena e O Bosque para o curso escolar 2024-2025. O prazo de matrícula abrangue do 2 ao 16 de xuño.

A Concellaría de Educación informa da apertura o próximo luns, 2 de xuño, do prazo de matrícula para o curso 2025-2026 nas escolas infantís de titularidade municipal. O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o 16 de xuño.

A matrícula poderá facerse nas propias escolas infantís ou a través da Sede electrónica do Concello. A documentación poderá descargarse preferentemente na ligazón https://conciliames.gal/, ou ben recollerse nas dependencias de cada unha das escolas en horario de 9:00 a 14:00h. A EIM O Bosque está situada no número 28 da avenida da Peregrina, en Bertamiráns; mentres que a EIM A Madalena está situada no número 16 da praza da Madalena, no Milladoiro. Para máis información, tamén se pode chamar aos números de teléfono 682 497 369 (EIM O Bosque) e 981 538 433 (EIM A Madalena), ou utilizar os enderezos electrónicos eibertamirans@concellodeames.gal e eiamadalena@concellodeames.gal.