Solapas principales

Participa na cata de produtos para o almorzo que se ofrecerá no mercado de horta e artesanía de Ames

Miércoles, 29 octubre, 2025
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 1 de novembro organízase unha cata de produtos para os almorzos, en horario de 11.30 a 12.30 horas.

A carpa de actividades do mercado acollerá este sábado, 1 de novembro, a iniciativa “Almorza con nós no mercado”, a través da cal se ofrecerá unha cata de produtos para os almorzos, en horario de 11.30 a 12.30 horas. 

A actividade é de balde e realizarase no mercado de horta e artesanía, localizado na praza da Maía, en Bertamiráns. Para participar non hai que inscribirse previamente, tan só é necesario achegarse á carpa de actividades do mercado.

Multimedia