Avisos

Por ejemplo, 20-06-2025
Por ejemplo, 20-06-2025
Lunes, 22 julio, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso selectivo dunha praza de técnico/a de secretaría e a suspensión do inicio proceso selectivo. Trátase do proceso selectivo dunha praza por concurso-oposición do artigo 2 da lei 20/2021 incluída na oferta extraordinaria de emprego público de 2022 (estabilización).
Viernes, 19 julio, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 18 julio, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Planificación e Xestión Educativa, informa de que a partir do día de hoxe, 18 de xullo, comezarase a avisar aos solicitantes dos servizos de conciliación de Comedor escolar do CEP de Ventín para que formalicen a súa matrícula no caso de non ter incidencias ou telas subsanadas. As solicitudes renovadas sairán na listaxe de admitidos e excluídos da primeira semana de agosto.
Martes, 16 julio, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da listaxe provisional de matrículas de Bos días cole, Comedores escolares e Tardes divertidas para o curso 2024-2025. Estas listaxes están dirixidas a novos/as usuarios/as de Bos Días Cole, Comedores escolares e Tardes Divertidas que presentaron matrícula para o curso 2024/2025.
Lunes, 8 julio, 2024
O departamento de Persoal informa da prórroga da comisión de servizos voluntaria de dous postos de PSX ,do servizo de actividades complementarias a xornada completa. Ao pé deste aviso pódese acceder ao anuncio completo.
Viernes, 5 julio, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, informa que está aberto ata o 15 de xullo o prazo para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames. Os/as interesados/as en obter praza deben cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se pode presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.
Viernes, 5 julio, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Miércoles, 3 julio, 2024
Ata o 15 de xullo está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Setembro Lúdico”, que este ano se desenvolverá os días 2, 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de setembro. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos Días. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames con crianzas escolarizadas no segundo ciclo de educación infantil e primaria (non poderán participar os nenos/as que vaian cursar 4º de infantil no curso 2024/2025 nin os nenos/as que para o curso 2024/2025 vaian a cursar a ESO). As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).
Lunes, 1 julio, 2024
Dende o día 1 ata o 15 de xullo, os músicos e músicas de Ames xa pode renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría, enviando o impreso de solicitude de renovación cumprimentado e asinando ao enderezo xuventude@concellodeames.gal. O horario de ensaio do local para todos os días da semana é de 10.00h a 22.00 horas, sempre e cando non interfira en actividades organizadas polo propio Concello. Os grupos dispoñen de ata 3 horas consecutivas á semana para ensaiar. Na actualidade, 14 agrupacións musicais fan uso destas instalacións que pouco a pouco a través de varias melloras, vai aumentando a demanda de novos usuarios/as.
Lunes, 1 julio, 2024
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames de varias interrupcións programadas do subministro eléctrico durante o 3 de en varias aldeasdo concello, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica. Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.