Avisos
Viernes, 28 junio, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Martes, 25 junio, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listas definitivas de nenos/as admitidos/as e excluídos/as no programa municipal da Escola de Verán 2024.
Viernes, 21 junio, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús do Xuño Lúdico 2024 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 21 junio, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 21 junio, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes de preinscricións admitidas e excluídas nos servizos de Bos Días Cole, comedor e Tardes Divertidas para o curso 2024-2025. As solicitudes admitidas deberán formalizar a matrícula entre o 26 de xuño e o 8 de xullo de 2024. Ao pé deste aviso adxúntanse as listaxes de prescricións admitidas e excluídas nos servizos Bos Días Cole (todos os centros), Tardes Divertidas (todos os centros) e comedor (todos os centros, excento o CEP de Ventín). No CEP de Ventín non se indica os admitidos/excluídos ata coñecer os espazos dispoñibles para o servizo. No caso das solicitudes pendentes de asignación e das solicitudes para o comedor de Ventín, avisarase individualmente á familia para formalizar a matrícula no caso de ser admitidos
Jueves, 20 junio, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abriu o prazo para a renovación de praza na Escola Municipal de Teatro de Ames. Dito prazo está dirixido ás persoas inscritas no curso anterior. O prazo de renovación de praza estará aberto ata o 30 de xuño. Posteriormente, do 5 ao 15 de xullo abrirá un segundo prazo para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. Tanto para renovar praza como para inscribirse por primeira vez haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.
Jueves, 20 junio, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, aclara que en resposta ás consultas recibidas en relación ao criterio de admisión na Escola de Verán, todo/a usurario/a que teña acreditada a necesidade de conciliación e cumpra cos requisitos establecidos terá garantida a súa praza no servizo.
Prohibición de estacionamento e uso das pistas deportivas no Milladoiro polo concurso Baila con Ames
Jueves, 20 junio, 2024
Debido á celebración da fase de preselección do concurso Baila con Ames, o Concello de Ames informa da prohibición de estacionamento nas 8 prazas situadas no lateral do aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro, que están próximas á pista deportiva de baloncesto (tal e como se amosa no bando informativo). Tamén queda prohibido o uso das pistas deportivas de baloncesto e fútbol sala que están xunto á Casa da Cultura do Milladoiro. Ditas prohibicións estarán vixentes de 10.00 a 23.00 horas o venres 21 de xuño.
Martes, 18 junio, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas para as renovacións nos servizos de Bos Días Cole e Tardes Divertidas para o curso 2024-2025. Establécese un prazo de emenda de 10 días hábiles (ata o 3 de xullo de 2024).
Martes, 18 junio, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes de solicitudes para as renovacións no servizo da Rede municipal de comedores escolares para o curso 2024-2025. Ata o 3 de xullo pódense realizar emendas sobre as solicitudes que así o indiquen.
- ‹ anterior
- 25 de 137
- siguiente ›