Avisos

Ex., 20-06-2025
Ex., 20-06-2025
Luns, 19 maio, 2025
O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e de Xuventude, abre do 20 ao 31 de maio un prazo extraordinario de solicitude de praza para ocupar aquelas prazas que quedaron vacantes no programa de campamentos municipais de verán 2025. A documentación presentarase preferiblemente a través do rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR). As prazas serán outorgadas por orde de entrada da solicitude no rexistro do Concello de Ames.
Luns, 19 maio, 2025
O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e Xuventude, informa sobre o resultado do sorteo de prazas para participar no programa municipal de Campamentos de verán 2025. Unha vez publicadas as listas definitivas e mailas listas co resultado do sorteo, a partir do 22 de maio poderase facer a matrícula nos campamentos de verán. O impreso de matrícula pódese descargar ao pé deste aviso.
Luns, 19 maio, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, informa de que ata o vindeiro 9 de xuño está aberta a convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades complementarias aos servizos sociais comunitarios e inclusión social. Con estas axudas búscase reforzar a colaboración coas entidades que leven a cabo actividades complementarias aos servizos sociais, e que favorezan a inclusión social, a saúde pública ou a formación laboral. Ao igual que en 2024, a contía total volve a acadar os 60.000 euros. A tramitación para solicitar estas axudas debe facerse a través da Sede electrónica do Concello de Ames. O prazo de solicitude é un mes a contar desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP da Coruña e, como neste caso, remataría nun día inhábil (domingo), o prazo prorrógase finalmente ata o luns 9 de xuño.
Luns, 19 maio, 2025
O Concello de Ames abre dende o luns, 19 de maio, o prazo para solicitar os carnés de usuario/a das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e O Milladoiro. Os interesados/as poden descargar o impreso de solicitude na web municipal (ao pé desta nova ou no apartado de trámites) e deberán envialo cuberto aos enderezos de correo electrónico: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal. O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a. As piscinas municipais abrirán do 15 de xuño ao 15 de setembro en horario de 11.00 a 21.00 horas. O prazo de solicitude estará aberto ata o 14 de agosto.
Venres, 16 maio, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 16 maio, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 15 maio, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o resultado do sorteo público e publicación dos resultados definitivos correspondentes ao proceso selectivo para a contratación de tres peóns/as para a Concellería de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural e Patrimonio do Concello de Ames o abeiro do Programa de integración laboral (PEL Concellos 2025).
Xoves, 15 maio, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai públicos os resultados das correccións do segundo exame (cuestionario tipo test) e ditos exames nas versións en galego e en castelán do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de persoal de servizos xerais para o servizo de comedores escolares do Concello de Ames.
Mércores, 14 maio, 2025
Aínda quedan citas dispoñibles para a renovación do DNI e Pasaporte nas novas unidades móbiles de expedición do DNI e Pasaporte, que visitarán o Concello de Ames os vindeiros días 2, 3 e 4 de xuño. Con este novo sistema, a cidadanía poderá renovar o DNI e, como principal novidade, tamén o Pasaporte, xunto coa renovación dos certificados dixitais do DNI ou a actualización das claves electrónicas. Ademais, deste xeito, redúcese o tempo de xestión para estes trámites e, así, as persoas que pidan cita neste servizo poderán ter listos calquera dos documentos en cuestión de dez minutos. Haberá 44 citas dispoñibles para cada día e o horario será de 9:00 a 12:30 horas. As persoas interesadas en asistir, deben escribir ao enderezo electrónico gabinete@concellodeames.gal ou chamar ao número 881 074 730 indicando nome, apelidos e un teléfono de contacto.
Luns, 12 maio, 2025
Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames informan de que xa están esgotadas as prazas para participar na Foliada con Apego de Pablo Díaz e Olga Kirk, que se vai celebrar este venres, 16 de maio, ás 18.00 horas, no Pazo da Peregrina en Bertamiráns. Será un encontro cheo de música para compartir, cantar, bailar, aprender cancións e, sobre todo, pasalo ben. Quen teña instrumentos tradicionais pode traelos para axudar a facer a festa.