Avisos
Martes, 6 agosto, 2024
O Pleno do Concello de Ames, en sesión ordinaria do 31.07.2024, acordou a aprobación inicial a modificación da Ordenanza fiscal número 3.A.8 reguladora da taxa pola prestación de servizos complementarios educativos e de conciliación da vida familiar e laboral do Concello de Ames. Mediante o presente anuncio, o dito acordo sométese a exposición pública mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ames, no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e nun diario dos de maior difusión da provincia, para que as persoas interesadas poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
Martes, 6 agosto, 2024
O Concello de Ames vén de anunciar que será publicado para consulta pública o estudo de viabilidade elaborado pola consultora Dosvalor no expediente de concesión de obra pública para a construción de instalación deportiva municipal do Milladoiro, e explotación do conxunto deportivo que conformará xunto a instalación municipal A Telleira de Bertamiráns. Este estudo estará dispoñible durante 1 mes mediante anuncio no BOP, taboleiro de anuncios da sede electrónica, e web municipal.
Martes, 6 agosto, 2024
O Pleno do Concello de Ames, en sesión ordinaria do 31.07.2024, acordou a aprobación inicial da modificación da base núm. 50 do orzamento municipal para o ano 2024 (subvencións nominativas) para incluír unha subvención nominativa á Solidariedade Internacional de Galicia. En cumprimento do disposto no artigo 169.1 por remisión do 177.2 do Real Decreto 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, somé- tese o expediente a información pública polo prazo de quince días, a contar desde o día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os/as interesados/as poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. Se transcorrido o dito prazo, non se presentaran alegacións, considerarase aprobada definitiva- mente a modificación da base núm. 50 do orzamento municipal para o ano 2024 (subvencións nominativas). Premendo na ligazón situada debaixo deste aviso, poderás obter o texto co anuncio.
De Lunes, 5 Agosto, 2024 hasta Martes, 6 Agosto, 2024
Mañá, martes 6 de agosto, as 11.00 horas terá lugar un minuto de silencio na praza do Concello de Ames en repulsa do asasinato machista acontencido na noite do pasado venres na Coruña. O número de mulleres asesinadas por violencia de xénero en España ascende a 28 en 2024 e a 1.272 dende 2003.
Viernes, 2 agosto, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 1 agosto, 2024
Vista a solicitude de autorización para a ampliación do horario dos locais de hostalería (interior e terrazas) presentada pola Xuntanza de empresarios de Ames (XEA) para os días de festa do Concello de Ames no ano 2024.
Jueves, 1 agosto, 2024
Tendo en conta as actuacións que se realizarán con motivo da celebración das festas da Madalena no Milladoiro, prohíbese o estacionamento dende o venres 2 de agosto de 2024 ata o mércores 7 de agosto de 2024 nas seguintes rúas:
Jueves, 1 agosto, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a acta décimo primeira do tribunal do proceso selectivo dunha praza de traballador/a social. En dita acta recóllese a resolución de alegacións, a proposta de contratación e a creación de bolsa de emprego. A persoa proposta ten que entregar documentación no prazo de 20 días hábiles polo que se abre o día 2 de agosto e remata o vindeiro 30 de agosto.
Trátase de prazas por concurso-oposición do art. 2.1 da lei 20/2021 incluídas na oferta extraordinaria de emprego público de 2022 (estabilización). Previamente publicáronse os anuncios publicados no BOP de catro procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2022 por concurso-oposición.
Miércoles, 31 julio, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público a proposta de nomeamento do Tribunal e creación de bolsa de emprego do proceso Técnico do ciclo integral de auga. Ábrese o prazo de 20 días hábiles para que o aspirante achegue a documentación requirida nas bases para poder tomar posesión. O prazo para a achega comeza a contar a partir do 1 de agosto. Trátase de prazas por concurso-oposición do art. 2.1 da lei 20/2021 incluídas na oferta extraordinaria de emprego público de 2022 (estabilización). Previamente publicáronse os anuncios publicados no BOP de catro procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2022 por concurso-oposición.
Lunes, 29 julio, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
- ‹ anterior
- 23 de 137
- siguiente ›