Actualidad

Por ejemplo, 03-06-2025
Por ejemplo, 03-06-2025
Jueves, 28 de noviembre de 2019
Xunta Local AECC Ames

O vindeiro martes, 3 de decembro, terá lugar a presentación da Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro de Ames, pertencente á Xunta provincial de A Coruña. Será ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns e durante a mesma terá lugar unha charla do Doutor Santiago Aguín, oncólogo pertencente ao Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Jueves, 28 de noviembre de 2019
Club Atletismo Millaraio

Sete atletas do Club Atletismo Millaraio participaron no XVII Campionato de Galicia de inverno en marcha en pista. Os resultados conseguidos polos rapaces e rapazas do clubs amesán foron excelentes, xa que lograron gañar tres medallas: Salomé Segade  gañou a medalla de ouro; Alfonso Labella a medalla de prata; e Manuel Labella a medalla de bronce.

Miércoles, 27 de noviembre de 2019
Imaxe da presentación do festival SolporSon de Ames 2019

O vindeiro sábado, 14 de decembro, realizarase no campo da festa de Biduído o festival SolporSon de Ames, no que dende as 17.00 horas haberá batalla de galos e unha exhibición de grafite. O festival estará presentado pola xornalista, Paula Señarís. Dende as 19.30 horas actuarán os grupos Náiade, Triska, Monoulious Dop, De Vacas, Biribirlocke e Sondarúa. Tres destas bandas musicais: Náiade, Triska e Biribirlocke son grupos locais de Ames. Náiade e Triska, que ensaian na Factoría, debutan actuando nun festival. Trátase dunha nova iniciativa posta en marcha dende a Concellaría de Mocidade e Normalización  Lingüística, que xorde das xuntanzas realizadas cos mozos e mozas dentro da Comisión de orzamentos participativos. Haberá actividades de cultura urbana e moita música.

Miércoles, 27 de noviembre de 2019
Imaxe do camiño portugués ao seu paso polo Milladoiro

Este martes, 26 de novembro, o alcalde de Ames, José Miñones, e o concelleiro de Transición Ecolóxica e Medio Rural, Manuel Lens, mantiveron unha xuntanza nas dependencias da Xunta de Galicia, en San Caetano, co Secretario Xeral Técnico de Cultura e Turismo, Manuel Vila López, e maila Directora Xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua. En dito encontro falaron de diversos temas que tanto o alcalde como o concelleiro consideraban de relevancia.

Miércoles, 27 de noviembre de 2019
Cartel Mostra Teatro Afeccionado

Este sábado 30 de novembro chega ao Concello de Ames a obra de teatro “Bailamos” de Aquelando Teatro de Muros. Será ás 21.00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Destinada a un público adulto, as entradas son de balde ata completar aforo.

Martes, 26 de noviembre de 2019
Acto do Día Internacional de Eliminación de Violencia Contra as Mulleres

O Concello de Ames e maila Plataforma Feminista Galega de Ames colaboraron na organización dos actos conmemorativos do Día Internacional de Eliminación de Violencia Contra as Mulleres celebrados este luns, 25 de novembro, pola tarde na praza do Concello en Bertamiráns. Primeiro leuse un manifesto, apoiado por todos os grupos políticos municipais, e de seguido, seis mulleres do goberno municipal e da Plataforma feminista fixeron unha performance para visibilizar o problema da violencia machista. Un bo número de veciños e veciñas de todas as idades achegáronse ata a praza do Concello para participar nestes actos. Ademais, por cuarto ano consecutivo Ames participou na campaña En negro contra as violencias na que participaron máis de 150 axentes sociais.

Martes, 26 de noviembre de 2019
Andaina solidaria 2019

O día 20 de decembro, ás 17.30 horas, terá lugar unha andaina solidaria a favor do Banco de Alimentos Municipal do Concello de Ames. Haberá unha carpa habilitada na praza de Chavián, na que se repartirá chocolate e rosca para todos os participantes, ademais da realización de diversos sorteos. Todo aquel que se anime poderá asistir disfrazado, cunha temática totalmente libre.

Martes, 26 de noviembre de 2019
Taller Educación Emocional O Bosque

O Taller de Educación Emocional que tivo lugar nos pasados dous meses na Escola Infantil Municipal O Bosque entra dentro do proxecto de Educación Asistida con Animais que realiza a Asociación Bocalán Galicia (Brión). Organizado pola Escola Infantil por medio da ANPA do centro, está orientado ás nenas e nenos das aulas de 2 a 3 anos, e os animais elixidos son dúas cadelas, Mulán e Nicoletta, que están preparadas para esa fin.

Lunes, 25 de noviembre de 2019
Imaxe Casa do Concello

Este xoves, 28 de novembro, realizarase o pleno ordinario do mes de novembro no que a Corporación municipal debaterá sobre a aprobación do expediente de modificación orzamentaria número 4/2019, na modalidade de suplemento de créditos, por un importe de 131.465 euros, para sufragar a mellora de viarios en Biduído de Abaixo e no Milladoiro, así como a mellora do parque infantil da Condomiña. Tamén se vai debater a aprobación do suplemento de crédito 5/2019 por valor de 422.056 euros; prorrogar por cuarta vez e polo prazo dun ano o contrato asinado con Urbaser S.A para a xestión da limpeza viaria e do punto limpo; aprobar dun xeito definitivo o estudo de detalle das parcelas 14, 15, 16 e 17 do Plan Parcial do Polígono industrial do Milladoiro; e unha proposta de Ciudadanos para a creación dunha sección da escola oficial de idiomas en Ames. Estes temas foron previamente tratados este luns, 25 de novembro, nas comisións informativas.

Lunes, 25 de noviembre de 2019
Gala Youtubeir@s

Este venres, 29 de novembro, terá lugar a entrega de premios do proxecto Youtubeir@s no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Patricia de Lorenzo, o DJ Manu TF e a graffiteira Iria Fafián animarán a gala dos Premios Youtubeir@s, aos que aspiran un total de 27 finalistas entre os 252 vídeos e canles participantes que concorreron nesta terceira edición. As entradas son gratuítas e pódense retirar no despacho de billetes do Teatro Principal no horario de 18.00 a 20.00h. Youtubeir@s é unha iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña.