Actualidad

Por ejemplo, 18-06-2026
Por ejemplo, 18-06-2026
Jueves, 30 de enero de 2025
O CEIP de Barouta celebrou este xoves a súa carreira solidaria “Móvome pola paz”

Na mañá deste xoves 30 de xaneiro, o CEIP de Barouta celebrou outra edición da carreira solidaria “Móvome pola paz”, unha iniciativa motivada pola conmemoración do Día Internacional da Paz. Nesta xornada participaron en total 400 persoas, entre eles, alumnado do propio CEIP de Barouta, xunto co alumnado de sexto de Eduación Primaria do CEIP da Maía e Agro do Muíño e os pequenos da unitaria de Covas. O obxectivo desta iniciativa é a recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade para o banco de alimentos municipal, xunto coa recollida de fondos para a emerxencia en Gaza. As persoas interesadas en facer unha doazón, poderán deixar os seus produtos no centro educativo ata finais da semana que vén.

Jueves, 30 de enero de 2025
Xa está aberto o prazo de inscrición do curso de iniciación ao inglés para maiores, que se impartirá no Milladoiro

O Concello de Ames, a través da Oficina de Voluntariado, organiza un novo curso de inglés básico para maiores. O curso desenvolverase por primeira vez no Milladoiro e está dirixido para persoas maiores que non teñan ningún tipo de formación en lingua inglesa. As clases comezarán este vindeiro 12 de febreiro e serán impartidas por unha profesora voluntaria. Serán os mércores e venres, en horario de 16.00 a 17.00 horas no Local Municipal situado na Rúa Agro do Medio n.º 8 (Antigo Centro de Saúde). Ofértanse un total de 12 prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Para participar, hai que enviar un correo electrónico ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal ou a través do teléfono 662 377 044.

Jueves, 30 de enero de 2025
Participantes na sesión de mañá do curso de kata

A Escola de Karate Dokkodo organizou este pasado 25 de xaneiro, en colaboración coa Federación Galega de Karate, un curso de kata tradicional impartido polo mestre Jesús Latorre. O evento reuniu a deportistas de todas as idades e niveis para gozar e aprender dun dos grandes profesionais desta disciplina.

Miércoles, 29 de enero de 2025
O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre deste 2025

O Concello de Ames presentou esta mañá, na Casa do Concello en Bertamiráns, unha ampla e variada programación con Apego para a primeira metade de 2025, na que a música vai ter un papel relevante. O obxectivo central de todas estas actividades é achegarlles recursos ás familias que faciliten a transmisión da lingua e favorezan unha crianza positiva e con moito apego polo noso. A programación abre este venres, 31 de xaneiro, coa obra de teatro KYOKI de Elefante Elegante, dirixida a crianzas a partir dos 3 anos. Este espectáculo inclúese dentro da programación de artes escénicas de Ames, dependente do departamento de Cultura. As entradas pódense adquirir xa en abilleteira.concellodeames.gal. Premendo nesta ligazón podes descargar a programación completa do programa infantil con Apego.

Miércoles, 29 de enero de 2025
Imaxe de arquivo do salón de plenos

Este xoves, día 30, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá sobre a aprobación dos modelos de declaracións de bens e actividades dos concelleiros e concelleiras do Concello de Ames, a proposta de resolución de alegacións e remisión ao Consello Consultivo de Galicia do expediente de resolución do contrato do servizo de axuda no fogar, e a modificación do regulamento da Rede municipal de comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas. Ademais, debaterase unha moción política do grupo municipal BNG para a implantación de medidas de prevención e resposta fronte ás inundacións. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Miércoles, 29 de enero de 2025
A unidade móbil de doazón de sangue estará o 30 de xaneiro en Bertamiráns

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves, 30 de xaneiro, en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

Martes, 28 de enero de 2025
O Concello de Ames habilita un sala de estudo no Milladoiro que estará aberta as 24 horas do día

O Concello de Ames está executando obras na Biblioteca municipal do Milladoiro co obxectivo de separar a aula de estudo do espazo de biblioteca. Deste xeito, poderase empregar a sala de estudo as 24 horas do día, en horario ininterrompido, todos os días da semana (incluído os sábados e domingos). O acceso a sala de estudo 24/7 deberá realizarse mediante lector de código QR. As obras están sendo executadas pola empresa Construcciones Iglesias Mera e teñen un custe de 15.464 euros. A sala de estudo estará pechada temporalmente durante uns días, pero o espazo da biblioteca segue funcionando con normalidade.

Martes, 28 de enero de 2025
O Concello de Ames presenta un conto dos Bolechas ambientado na Carballeira dos Trasgos

O Concello de Ames presentou esta mañá, na Escola Infantil municipal O Bosque, “Os Bolechas: A Carballeira dos trasnos”, un conto protagonizado polos populares personaxes dos Bolechas e ambientado na Carballeira dos Trasgos localizada en Ventín. Este proxecto vén nado para poñer en valor este espazo natural, así como para dalo a coñecer entre os máis pequenos de Ames.

Martes, 28 de enero de 2025
O auditorio de Bertamiráns acollerá este venres a obra “Entrega en man” da compañía Contraproducións S.L.

O Concello de Ames continúa a programación do Ames Cultural 2025 coa representación de “Entrega en Man”, da compañía Contraproducións S.L., este venres 31, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Aínda quedan entradas dispoñibles á venda, poden adquirirse a través da Billeteira Electrónica. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Lunes, 27 de enero de 2025
O Concello de Ames recibe unha axuda de 10.000 euros para o mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

O Concello de Ames recibirá unha axuda de 10.000 euros dentro da convocatoria posta en marcha pola Deputación da Coruña para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2025. No caso do Concello de Ames dita subvención destinarase ao mantemento do persoal técnico en animación sociocultural.