Actualidad

Por ejemplo, 17-06-2026
Por ejemplo, 17-06-2026
Martes, 04 de febrero de 2025
Hoxe retómanse as sesións de contacontos para os máis pequenos nas bibliotecas municipais

Na tarde deste martes, 4 de febreiro, ás 17.30 horas e na biblioteca municipal de Bertamiráns, darán comezo as sesións de contacontos programadas para estes primeiros meses de 2025. A actividade, organizada polo departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, está orientada para crianzas de 3 a 8 anos e ten como obxectivo fomentar o hábito da lectura entre os máis pequenos. Estas sesións, como vén sendo habitual, desenvolveranse nas bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns.

Lunes, 03 de febrero de 2025
Os Premios Youtubeiras+ distinguen a un proxecto de Ames, Exército Mekemeke, como mellor canle de YouTube

Os Premios Youtubeiras+ xa teñen gañadoras. Ao longo da gala, deuse a coñecer o fallo do xurado, que decidiu seis dos sete galardóns, así como tamén o Premio do Público, que determinou unha votación dixital na que participaron 5.056 persoas. Exército Mekemeke fíxose co galardón na categoría de canle de YouTube e Sara Seco levou o galardón á canle de TikTok. Pola súa banda, Prado Rúa acadou o Premio á Creación de Contidos, Luís do Río recibiu o Premio á Calidade Lingüística, Rebelico Revista conquistou o Premio Rede e Galiactiva gañou o Premio Revelación. O vídeo A revolución galega de 1.846, da canle Orgullo Galego, logrou o Premio do Público. Os galardóns contan cunha dotación económica total de 7.500 euros, repartidos da seguinte maneira: as categorías Canle de Youtube e Canle de TikTok están dotados con 1.250 euros, mentres que no resto de categorías as canles persoas premiadas levan 1.000 euros.

Lunes, 03 de febrero de 2025
Estrease o equipo de fútbol Calo Genuine no que participan mozos e mozas do Club de diversidade de Ames e de Arcea-Adames

Este domingo tivo lugar a estrea do Calo Genuine, o novo equipo da S.R. de Calo de persoas con diversidade funcional no que participan algúns dos mozos e mozas do Club de mocidade con diversidade de Ames e de Arcea-Adames. Este proxecto nace da colaboración da S.R. Calo cos Concello de Ames e Teo no seu compromiso pola integración das persoas con diversidade.

Lunes, 03 de febrero de 2025
Este mes de febreiro volve o programa Trouleando cunha tarde de paintball

A Concellería de Mocidade inicia as actividades do programa Trouleando para este 2025. Desta volta, os mozos e mozas de Ames poderán gozar dunha tarde de paintball no recinto de Eo dos Menecos, en Teo, o vindeiro sábado 22 de febreiro. A actividade é de balde e está dirixida para a mocidade amesá nada entre 2012 e 1995. o prazo para inscribirse comeza este mércores día 5 e estará aberto ata o vindeiro mércores 12 de febreiro. Hai 40 prazas dispoñibles e adxudicaranse por orde de chegada. Pódese descargar a ficha de inscrición na seguinte ligazón.

Domingo, 02 de febrero de 2025
O Pleno debaterá a aprobación de 19 proxectos que se sufragarán con cargo ao POS+ 2025

O próximo martes, 4 de febreiro, celebrarase un pleno extraordinario no que a Corporación municipal debaterá sobre a participación do Concello de Ames no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concello) “POS+ 2025” da Deputación provincial da Coruña. Tamén se abordará a participación no POS+ Adicional 3/2025 para a redución da débeda de 76 concellos coa Deputación pola utilización de préstamo provincial nos Plans 2015 a 2023. Por último, na orde do día recóllese a aprobación, se procede, do recoñecemento extraxudicial de crédito 1/2025. Previamente ao pleno, celebrouse o mércores 29 de xaneiro a comisión informativa de Economía, Facenda e Especial de Contas para abordar estes temas. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Sábado, 01 de febrero de 2025
Floristas Carmiña SL

A Xunta de Goberno Local aprobou este pasado xoves, 30 de xaneiro, a concesión dos premios ás persoas gañadoras do XIX concurso de escaparates de Nadal e do III concurso de decoración de Nadal veciñal. En total repartiranse 6.000 euros entre os gañadores/as. No concurso de escaparates entregaranse catro premios dotados cun total de 4.000 euros (1.500 euros para o primeiro, 1.100 para o segundo, 800 para o terceiro e 600 para o cuarto), mentres que no concurso de decoración veciñal repartiranse outros catro premios de 500 euros cada un.

Sábado, 01 de febrero de 2025
Ames acollerá do 4 ao 13 de febreiro unha triple exposición do artista Fran Riveiro

O Concello de Ames acollerá do 4 ao 13 de febreiro unha tripla exposición da traxectoria artística de Fran Riveiro. A mostra contará con tres localizacións: unha parte das obras estarán expostas na Casa da Cultura do Milladoiro, outra na Casa da Cultura de Bertamiráns e, finalmente, unha terceira no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Deste xeito, exhibiranse algunhas das pezas e coleccións máis recoñecidas do artista como son “Urbania” e “Coffe paints”.

Viernes, 31 de enero de 2025
Constitúese a comisión de seguimento das obras de humanización do Milladoiro presidida polo alcalde e a subdelegada do Goberno

O alcalde, Blas García, e a Subdelegada do Goberno, María Rivas, veñen de presidir a primeira sesión da comisión de seguimento das obras de humanización do Milladoiro, á que tamén asistiron  os concelleiros de Obras e Urbanismo, Gustavo Nieto e Víctor Fernández. Este órgano é resultado da demanda realizada por parte da Alcaldía á Delegación do Goberno o pasado luns 20 de xaneiro.

Viernes, 31 de enero de 2025
O Pleno aproba de xeito inicial a modificación do regulamento de comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas

A Corporación municipal aprobou por maioría absoluta a modificación do regulamento da Rede municipal de comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas. Ademais, aprobouse por unanimidade os modelos de declaracións de bens e actividades dos concelleiros e concelleiras do Concello de Ames, e maila proposta de resolución de alegacións e remisión ao Consello Consultivo de Galicia do expediente de resolución do contrato do servizo de axuda no fogar. Tamén foi aprobada por unanimidade unha moción política do grupo municipal BNG para a implantación de medidas de prevención e resposta fronte ás inundacións. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

Viernes, 31 de enero de 2025
Xa está aberto o prazo de inscrición para asistir ao concerto de Pakolas, incluído no programa Apego

A programación do Apego continúa ao longo do mes de febreiro co concerto “Ecoralia, a lambona ecolóxica”, o novo proxecto de Pakolas, que estará na Casa da Cultura de Bertamiráns o vindeiro venres 7 de febreiro, ás 18.00 horas. As persoas interesadas en asistir a esta actividade, poderán facelo dende hoxe venres, 31 de xaneiro, ata o vindeiro día 6 de febreiro. Para inscribirse, é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal indicando o nome e apelidos das persoas asistentes, idade das crianzas e un teléfono de contacto.