Actualidad

Por ejemplo, 05-07-2026
Por ejemplo, 05-07-2026
Martes, 11 de febrero de 2025
A Escola de Karate Dokkodo acadou un ouro e un bronce no Campionato Galego de Clubs celebrado esta fin de semana en Chantada

Esta pasada fin de semana celebrouse en Chantada o Campionato Galego de Clubs de Karate, onde a Escola de Karate Dokkodo se proclamou campioa na categoría cadete-junior da modalidade de kumite. Ademais, o club tamén acadou un bronce na categoría alevín de kumite.

Lunes, 10 de febrero de 2025
O Concello de Ames presenta a programación do Entroido 2025

A Casa do Concello, en Bertamiráns, acolleu esta mañá a presentación das actividades do “Entroido Ames 2025”, que se desenvolverán entre a última semana de febreiro e comezos do mes de marzo. O programa, organizado entre o Concello de Ames e a asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), contará con diferentes propostas para todas as idades, dende o entroido do programa Amessan, actuacións de baile e danza, o concurso e desfile de Entroido no Milladoiro e a festa e concurso infantil para os máis pequenos.Pódense consultar as bases para participar no concurso de disfraces do domingo día 2 na seguinte ligazón. Tamén se poden consultar as bases do concurso de disfraces infantil do día 3 na seguinte ligazón

Lunes, 10 de febrero de 2025
Ames participa no primeiro foro Galicia RAEE para abordar a nova normativa sobre a xestión dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos

O concelleiro de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural, Transparencia e Patrimonio, Javier Antelo, participou a semana pasada no I Foro Galicia RAEE. Tratouse dun encontro de profesionais do sector da xestión e recollida de residuos eléctricos e electrónicos que contou co patrocinio da fundación ECOLEC e PreZero e a colaboración da Xunta de Galicia. Dito foro estivo organizado pola Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos e a Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia.

Lunes, 10 de febrero de 2025
Aberta a inscrición para o obradoiro “Día de Rosalía: crea e debuxa!” da Biblioteca municipal de Ames

A Biblioteca municipal de Ames, que xa presentou a súa programación de contacontos, continúa tamén cos obradoiros adicados á rapazada que cursa de 3º de primaria en diante. No mes de febreiro, como non podía ser doutra maneira, o obradoiro conmemora o Día de Rosalía, que se celebra o 23 de febreiro. O prazo de inscrición para participar no obradoiro “Día de Rosalía: crea e debuxa!” estará aberto do 10 ao 18 de febreiro. Durante o ano 2024 participaron 230 rapaces e rapazas nos obradoiros organizados nas bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Domingo, 09 de febrero de 2025
As novas propostas de Modo galego, actívao! acadan unha maior adhesión do alumnado e as familias amesás

O programa de dinamización lingüística e investigación promovido pola Real Academia Galega e o Concello de Ames afronta a terceira edición cunha serie de actividades que reforzan o seu carácter lúdico e participativo. A iniciativa conta coa colaboración de artistas como as Tanxugueiras, Xabier Díaz ou Paco Nogueiras, encargados de lles presentar o reto diario aos nenos e nenas de infantil e primaria do municipio. Porén, a actividade axudou á reflexión e a unha maior consciencia sobre a posibilidade de usar o galego en todos os ámbitos.

Sábado, 08 de febrero de 2025
O Concello de Ames organiza o martes de Entroido a terceira edición do cocido dos maiores

O Concello organiza, por terceiro ano consecutivo, un cocido para as persoas maiores do concello. Trátase dun xantar que se celebrará o martes 4 de marzo, martes de Entroido, a partir das 14.00 horas, no pavillón de Bertamiráns. No xantar servirase cocido para as persoas maiores de 65 anos empadroadas en Ames. O xantar será gratis, pero haberá que reservar praza chamando, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, aos números de teléfono: 881 074 730 / 669 119 431 / 662 377 044. O prazo para inscribirse estará aberto ata o 21 de febreiro. Posteriormente, haberá que retirar o tícket do xantar do 24 ao 28 de febreiro na Casa do Concello (departamento de Gabinete de Alcaldía) ou nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Haberá servizo de autobús polas parroquias para acudir ao xantar e volver para casa. Anímase á veciñanza a acudir ao xantar disfrazados.

Sábado, 08 de febrero de 2025
O auditorio do Milladoiro acollerá o vindeiro 15 de febreiro un concerto de música clásica

O vindeiro sábado 15 de febreiro, ás 19.00 horas, o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá o concerto de música clásica “En clave clásica”. O espectáculo estará interpretado e dirixido polos artistas do Centro Superior de Música de Galicia, tutelados polo mestre Boris Perrenoud, director da Wiener Músikakademie. Os convites poden retirarse na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Viernes, 07 de febrero de 2025
Máis de 10.000 persoas participaron nas actividades de dinamización cultural programadas polo Concello durante 2024

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este pasado xoves, 6 de febreiro, a primeira xuntanza ordinaria do Pleno do Consello sectorial da Cultura de 2025. En dita xuntanza presentouse o informe – memoria Ames Cultura de 2024, no que se recolle a actividade de dinamización cultural, das bibliotecas municipais e da escola de música durante o ano pasado. Ademais, fíxose un avance sobre a programación de dinamización cultural que está pechada para 2025; e falouse de posibles cambios nas distintas liñas de subvencións que dependen do departamento de Cultura. Pódese consultar o informe completo na seguinte ligazón.

Viernes, 07 de febrero de 2025
Ames presenta a sexta edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre e que este ano contará cos mellores deportistas a nivel nacional

A Casa do Concello, en Bertamiráns, acolleu esta mañá a presentación da VI edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre, que este ano se celebrará o vindeiro 23 de febreiro. A proba, organizada polo Concello e a Federación Galega de Atletismo, como vén sendo habitual, ten como punto de partida Ponte Maceira. As inscricións poden facerse a través da páxina web de carreiras galegas e estarán abertas ata o vindeiro 19 de febreiro. Desde a organización, agardan superar as cifras de participación do ano pasado de 522 persoas.Pódese consultar as bases e regulamento da proba na seguinte ligazón

Viernes, 07 de febrero de 2025
Quedan citas dispoñibles para a expedición de DNIs na unidade móbil que habilitará a Policía Nacional o 21 de febreiro en Bertamiráns

Un equipo da Policía Nacional vaise desprazar a Ames co obxectivo de facilitar a renovación ou expedición do Documento Nacional de Identidade electrónico (DNIe) á veciñanza. Así, estará o vindeiro día 21 de febreiro no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, de 9:00 a 12:30 horas, con 75 citas dispoñibles. Quedan prazas dispoñibles polo que as persoas interesadas en empregar este servizo deben escribir ao enderezo electrónico gabinete@ames.gal ou chamar ao número 881 074 730 para engadir nome, apelidos e un teléfono de contacto.