Actualidad

Por ejemplo, 21-07-2026
Por ejemplo, 21-07-2026
Viernes, 21 de marzo de 2025
A veciñanza amesá mostra o seu malestar polo mal funcionamento do servizo de transporte metropolitano da Xunta de Galicia

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, vén de darlle traslado á Dirección Xeral de Mobilidade de diversas queixas e reclamacións recibidas en relación á calidade do transporte metropolitano da Xunta de Galicia. Estas queixas, como todas aquelas que chegan a o Concello, son enviadas á Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que ten as competencias autonómicas de mobilidade. Dende o Concello anímase á veciñanza a que traslade as súas queixas e reclamacións a través do correo electrónico mobilidade@concellodeames.gal ou achegándoas polo rexistro municipal.

Viernes, 21 de marzo de 2025
Marta Rodríguez Lorenzo, Antonio Rodríguez Núñez e Seur foron galardoados na gala dos Premios Down Compostela

A Fundación Down Compostela celebrou este xoves, 20 de marzo, na sala Mozart do auditorio de Galicia, a gala de entrega dos XII Premios Down Compostela, cos que a Fundación recoñeceu o traballo de Marta Rodríguez Lorenzo, veciña de Ames, Seur e Antonio Rodríguez Núñez. A gala estivo presentada por Irene Rodríguez-Toubes, unha moza con trisomía 21, e mailo xornalista amesán, Diego Viaño. Por parte do Concello de Ames asistiron a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Uxía García, e a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz. Ademais, durante a gala actuou o artista Fran Allo, tamén veciño de Ames, que presentou un tema do seu novo proxecto.

Viernes, 21 de marzo de 2025
Imaxe da área deportiva do Milladoiro

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 13 de marzo unha nova liña de achegas para a concesión de bolsas para deportistas do concello de Ames no ano 2025. O importe das bolsas que se van a conceder ascende a 10.000 euros, ao igual que na anterior convocatoria. Esta convocatoria de bolsas ten por obxecto apoiar a práctica e ao rendemento deportivo, así como posibilitar a participación dos/as deportistas do concello en eventos deportivos, facilitándolles o acceso a unha preparación integral idónea. Cada deportistas pode optar a unha axuda máxima de 700 euros. Premendo nesta ligazón pódense consultar as bases da convocatoria.

Viernes, 21 de marzo de 2025
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na actividade “Meco e Sono” do programa Apego

O programa Apego continúa coa súa programación de propostas para as crianzas amesás. Nesta ocasión, coa actividade de contos de arrolos para a primeira infancia “Meco e sono” de Xarope Tulú e Xiana Arias, que se levará a cabo o vindeiro venres 28 de marzo, ás 18.00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro xoves día 27. Para participar, é preciso enviar un correo a normalización@concellodeames.gal no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade das crianzas e un teléfono de contacto.

Jueves, 20 de marzo de 2025
Conclúen necesario un plan para recuperar a funcionalidade do Centro de saúde de Bertamiráns e adaptalo aos novos tempos

O alcalde, Blas García, e a concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, acompañaron ao xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela, Ángel Facio, na súa visita ao Centro de saúde de Bertamiráns. Na visita tamén participaron Ana Turnes, subdirectora de Atención Primaria, e José Manuel Fernández Torres, subdirector de Recursos Económicos. Este centro, que conta tamén cun servizo de Pac atende a unha gran cantidade de poboación que, segundo os datos que se manexan, se vai seguir incrementando de forma importante nos vindeiros anos.

Jueves, 20 de marzo de 2025
As imaxes que se achegan foron feitas por Aarón Myr Silva // @rmistermyr

O equipo máis cativo do Milladoiro SD, patrocinado pola librería Nenos Nais, vén de acadar o campionato de liga de fútbol sala da categoría Primeira Futgal FS, impoñéndose por un só un punto de diferencia á Escola Deportiva Xuventude Oroso.

Jueves, 20 de marzo de 2025
A compañía Berrobambán representa este martes no Milladoiro a obra Ubasute

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, continúa coa súa ampla oferta de espectáculos no ámbito das artes escénicas. Neste lugar, o vindeiro martes 25 de marzo, ás 20.30 horas, o auditorio do Milladoiro acollerá a representación da obra “Ubasute” de Berrobambán. Os convites para esta obra pódense descargar de xeito gratuíto na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Esta programación é unha actividade de mediación que a compañía Berrobambán desenvolve por estar a facer unha residencia artística no noso concello.

Miércoles, 19 de marzo de 2025
150 alumnos/as do CEIP da Maía coñecen o funcionamento de Ames Radio

Ames Radio abriu as súas portas durante as últimas semanas para que arredor de 150 alumnos/as do CEIP da Maía puidesen coñecer o funcionamento da radio municipal. As visitas realizáronse repartidas en seis grupos de arredor de 25 rapaces e rapazas cada un. Os alumnos/as de terceiro e cuarto de primaria estiveron acompañados por profesorado do centro. Esta iniciativa, que resultou moi enriquecedora para os/as nenos/as, está motivada porque no CEIP da Maía pretende crear a súa propia emisora de radio no centro.

Miércoles, 19 de marzo de 2025
A amesá Olivia Parga foi galardoada como mellor deportista promesa feminina en categoría de base na Gala do Deporte da Deputación da Coruña

Este pasado 14 de marzo, o Teatro Colón da Coruña acolleu a terceira edición da Gala do Deporte da Deputación da Coruña, uns galardóns que recoñecen e poñen en valor os logros e traxectoria profesional dos mellores deportistas, clubs e entidades deportivas da provincia neste último ano. Unha das deportistas galardoadas foi a karateka amesá Olivia Parga, á que se lle concedeu o Premio a mellor deportista promesa feminina de base, poñendo así en valor os seus logros acadados no último ano, destacando, por exemplo, o ouro na Liga Nacional de Karate Feminino.

Miércoles, 19 de marzo de 2025
O auditorio do Milladoiro acolle este venres a estrea de TROMSØ da compañía Morraoconto

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, continúa coa programación de artes escénicas neste primeiro semestre do 2025. Nesta ocasión, o auditorio do Milladoiro acollerá este venres, ás 20.30 horas, a estrea de TROMSØ, a nova peza teatral da compañía Morraoconto. As portas abriranse ás 20.15 horas e prégase puntualidade a todas as persoas asistentes. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.