Actualidad

Por ejemplo, 22-06-2025
Por ejemplo, 22-06-2025
Viernes, 20 de octubre de 2023
Cartaz da XXII edición da Carreira Pedestre Popular de Ames

Este domingo, 22 de outubro, celebrarase de novo a Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames, que alcanza a súa vixésimo segunda edición. A proba contará cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo. Este ano debido ás obras que se están realizando nas rúas Ameneiral e Entrerríos, as probas das categorías escolares realizaranse na zona do paseo fluvial. Nesta edición hai inscritas máis de 1.151 persoas: 511 nas categorías absoluta e sub-18, mentres que nas categorías escolares hai  640 rapaces e rapazas inscritos. Non se admiten inscricións fóra de prazo nin o día da carreira. Premendo nesta ligazón pódese consultar o regulamento ao completo e os horarios da XXII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames.

Martes, 17 de octubre de 2023
Cartaz da XXII edición da Carreira Pedestre Popular de Ames

Este domingo, 22 de outubro, celebrarase de novo a Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames, que alcanza a súa vixésimo segunda edición. A proba contará cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo. O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 18 de outubro, ás 23:59 horas, e pode realizarse premendo nesta ligazón e cubrindo o formulario; ou ben acudindo de xeito presencial ao establecemento comercial Atmósfera Sport, en Bertamiráns. Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o día da carreira. Premendo nesta ligazón pódese consultar o regulamento ao completo e os horarios da XXII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames.

Jueves, 05 de octubre de 2023
Imaxe da presentación da XXII Carreira pedestre popular Concello de Ames

Esta mañá a sala de xuntanzas da Casa do Concello acolleu a presentación da XXII Carreira pedestres popular do Concello de Ames que se vai a celebrar o domingo, 22 de outubro, na localidade de Bertamiráns e na súa contorna. A proba contará cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo. O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 18 de outubro, ás 23:59 horas, e pode realizarse premendo nesta ligazón e cubrindo o formulario; ou ben acudindo de xeito presencial ao establecemento comercial Atmósfera Sport, en Bertamiráns. Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o día da carreira. Premendo nesta ligazón pódese consultar o regulamento ao completo e os horarios da XXII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames.

Jueves, 05 de octubre de 2023
O alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Deportes, Susana Señorís, asistiron á cea de peche de dito torneo

O Real Aeroclub de Santiago, situado na parroquia amesá de Piñeiro, acolleu este pasado sábado a Gran Final do III Circuíto de Golf TUR 43, un evento deportivo que percorreu desde o mes de maio distintos campos do norte de España e Portugal promovendo o golf e, á súa vez, os atractivos das diferentes rexións. O éxito deste evento deportivo reflíctese nas máis de 1.000 persoas que participaron nesta terceira edición. O alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Deportes, Susana Señorís, asistiron á cea de peche de dito torneo que se celebrou no Hotel Oca Porta do Camiño.

Sábado, 23 de septiembre de 2023
Cartaz da XXII edición da Carreira Pedestre Popular de Ames

O vindeiro 22 de outubro celebrarase de novo a Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames, que alcanza a súa vixésimo segunda edición. A proba contará cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo. O prazo de inscrición xa está aberto ata o mércores 18 de outubro, ás 23:59 horas, e pode realizarse premendo nesta ligazón e cubrindo o formulario; ou ben acudindo de xeito presencial ao establecemento Deportes Amesport, en Bertamiráns. Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o día da carreira. Premendo nesta ligazón pódese consultar o regulamento ao completo e os horarios da XXII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames.

Lunes, 07 de agosto de 2023
A praia fluvial de Tapia acolleu este pasado sábado, 5 de agosto, unha nova edición da regata provincial “Circuíto praia fluvial de Tapia”

O pasado sábado 5 de agosto disputouse a 3ª Regata do Circuíto Provincial da Coruña, onde a praia fluvial de Tapia en Ames acolleu arredor de 300 deportistas da provincia, pertencentes a 10 clubs. Esta foi a terceira das 6 probas que conforman o II Circuito de Piragüismo Deputación da Coruña e na que compiten as categorías base dos clubs. Esta proba estivo organizada pola Deputación da Coruña, o club de piragüismo Ribeiras do Tambre e maila Federación Galega de Piragüismo. O Concello de Ames colaborou na organización de dito evento. O club de piragüismo Ribeiras do Tambre logrou a sétima posición na clasificación xeral de clubs. Premendo nesta ligazón podes acceder á galería de fotos da regata.

Jueves, 03 de agosto de 2023
Arredor de 300 padexeiros/as participarán este sábado na segunda edición da regata provincial “Circuíto praia fluvial de Tapia”

Un total de 10 clubs e 300 padexeiros e padexeiras van disputar este sábado, 5 de agosto, a regata provincial “Circuíto praia fluvial de Tapia”, organizada pola Deputación da Coruña, o club de piragüismo Ribeiras do Tambre e maila Federación Galega de Piragüismo. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, colabora na organización de dito evento. A proba, que ten un percorrido de 1.500 metros polo río Tambre, comeza ás 16.00 horas e desenvolverase ata ás 20.00 horas aproximadamente. A saída e chegada estará instalada na praia fluvial de Tapia. Trátase da terceira das seis probas que conforman o II Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña, no que compiten as categorías bases dos clubs da provincia. Premendo nesta ligazón pódese obter máis información e consultar os horarios da regata provincial “Circuíto praia fluvial de Tapia”.

Miércoles, 26 de julio de 2023
Ames acolle o sábado 5 de agosto a segunda edición da regata provincial “Circuíto praia fluvial de Tapia”

A Deputación da Coruña, o club de piragüismo Ribeiras do Tambre e maila Federación Galega de Piragüismo organizan o vindeiro sábado, 5 de agosto, unha nova edición da regata provincial “Circuíto praia fluvial de Tapia”. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, colabora na organización de dito evento. A proba, que ten un percorrido de 1.500 metros polo río Tambre, comeza ás 16.00 horas e desenvolverase ata ás 20.00 horas aproximadamente. A saída e chegada estará instalada na praia fluvial de Tapia. Trátase da terceira das seis probas que conforman o II Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña, no que compiten as categorías bases dos clubs da provincia. Premendo nesta ligazón pódese obter máis información e consultar os horarios da regata provincial “Circuíto praia fluvial de Tapia”.

Viernes, 02 de junio de 2023
Cartaz do Gran Premio Concello de Ames

O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organiza este domingo, 4 de xuño, unha das probas de supercross da Galicia League. O Gran premio Concello de Ames é un evento deportivo a nivel autonómico, non oficial, non federado, de acordo coa actual normativa galega do deporte segundo a Lei 3/2012. Nesta proba que se desenvolverá no circuíto SX Alex de Moure, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda, participarán arredor de 65 pilotos, entre os que se atopan algúns dos mellores pilotos de supercross de toda Galicia.

Miércoles, 31 de mayo de 2023
Imaxe grupal dos deportistas de kárate Dokkodo

O sábado, 27 de maio, disputouse en Lugo a cuarta xornada da liga galega. Ata alí desprazáronse seis deportistas da escola amesá de kárate Dokkodo. O alumnos do centro completaron grandes actuacións e lograron en total cinco medallas en kata e kumite.