Solapas principales

Ames acolleu este sábado arredor de 300 padexeiros na praia fluvial de Tapia

Lunes, 07 de agosto de 2023

O pasado sábado 5 de agosto disputouse a 3ª Regata do Circuíto Provincial da Coruña, onde a praia fluvial de Tapia en Ames acolleu arredor de 300 deportistas da provincia, pertencentes a 10 clubs. Esta foi a terceira das 6 probas que conforman o II Circuito de Piragüismo Deputación da Coruña e na que compiten as categorías base dos clubs. Esta proba estivo organizada pola Deputación da Coruña, o club de piragüismo Ribeiras do Tambre e maila Federación Galega de Piragüismo. O Concello de Ames colaborou na organización de dito evento. O club de piragüismo Ribeiras do Tambre logrou a sétima posición na clasificación xeral de clubs. Premendo nesta ligazón podes acceder á galería de fotos da regata.

A praia fluvial de Tapia acolleu este pasado sábado, 5 de agosto, unha nova edición da regata provincial “Circuíto praia fluvial de Tapia”, un evento que organizan a Deputación da Coruña, o club de piragüismo Ribeiras do Tambre e a Federación Galega de Piragüismo. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, colaborou na organización. Este evento deportivo estivo dirixido a todos os clubs da provincia da Coruña que están a desenvolver a modalidade de augas tranquilas.

Deste xeito, participaron arredor de 300 rapaces e rapazas das categorías base de 10 clubs da provincia con idades entre 6 e 16 anos repartidos nas seguintes modalidades: kaiak homes, kaiak mulleres, canoa homes, canoa mulleres, paracanoe. Os/as participantes estarán divididos nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete.

A regata provincial foi liderada polo Club Náutico Firrete, que obtivo un total de 4.780 puntos. O Club Piragüismo Rías Baixas sumou 4.057 puntos quedando na segunda posición, mentres que o Club Cabanas KDM con 3.314 puntos obtivo o terceiro posto na clasificación xeral de clubs. O club de piragüismo Ribeiras do Tambre logrou a sétima posición na clasificación xeral de clubs.

Resultados individuais
Na categoría cadete de kaiak, os destacados triunfos individuais foron para Hugo Méndez do Cabanas KDM e Cristina Piñeiro do Náutico Firrete. Na modalidade de canoa, César Prego do Piragüismo Rías Baixas levou a vitoria.

Na categoría infantil, Martín Jaspe da Sociedade Deportiva As Xubias e Sabela Fernández do Piragüismo Rianxo alzáronse como gañadores nas súas respectivas probas de K1.

En kaiak masculino infantil B, Jairo García do Piragüismo Outes coroouse como vencedor, mentres que Andrea Amado do Cabanas KDM levou a vitoria na categoría feminina. Na modalidade de canoa, Manuel Sánchez do Piragüismo Rías Baixas e Sofía Pita do Náutico Firrete lograron a medalla de ouro.

Por último, na categoría Alevín A, Xoel Timiraos do Xuvenil As Pontes e Alba Amado do Cabanas KDM alzáronse como vencedores nas súas respectivas probas. Na categoría Alevín B, Diego López do Deportivo Miño e Sofía Iglesias do Deportivo Miño fixéronse coa primeira posición.

Tamén cómpre destacar os bos resultados obtidos polos rapaces e rapazas do club de piragüismo Ribeiras do Tambre. Lucía García Lema foi segunda na categoría prebenxamin K1; Lucía Faus Míguez tamén obtivo a segunda posición na categoría benxamín B K1; Daniel García Lema foi primeiro na categoría benxamín A K1; Hugo Leis Adrán foi segundo na categoría alevín A K1; e Elba Casal Romero foi terceira na categoría infantil A K1.

Compromiso co deporte
O alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Deportes, Susana Señorís, xunto con varios concelleiros e concelleiras da Corporación municipal foron os encargados de condecorar aos gañadores das probas, momento no que o rexedor municipal aproveitou para reafirmar o compromiso do Concello de Ames co deporte “O Concello de Ames estará sempre ao lado do deporte. Poder poñer a disposición da competición un entorno como o da praia fluvial de Tapia é un verdadeiro orgullo para este municipio”.

Novas relacionadas:

AMS GO!: "Tapia acolleu unha tarde de piragüismo coa regata provincial"

A praia fluvial de Tapia acolleu este pasado sábado, 5 de agosto, unha nova edición da regata provincial “Circuíto praia fluvial de Tapia”

Multimedia

  • Ames acolleu este sábado arredor de 300 padexeiros na praia fluvial de Tapia
  • Ames acolleu este sábado arredor de 300 padexeiros na praia fluvial de Tapia
  • Ames acolleu este sábado arredor de 300 padexeiros na praia fluvial de Tapia
  • Ames acolleu este sábado arredor de 300 padexeiros na praia fluvial de Tapia
  • Ames acolleu este sábado arredor de 300 padexeiros na praia fluvial de Tapia
  • Ames acolleu este sábado arredor de 300 padexeiros na praia fluvial de Tapia
  • Ames acolleu este sábado arredor de 300 padexeiros na praia fluvial de Tapia
  • Ames acolleu este sábado arredor de 300 padexeiros na praia fluvial de Tapia
  • Ames acolleu este sábado arredor de 300 padexeiros na praia fluvial de Tapia