Actualidad

Estas axudas foron aprobadas en Xunta de Goberno Local o pasado 23 de decembro de 2020. O Concello concede estas subvencións co obxectivo de apoiar economicamente a realización de actividades, infraestruturas e investimentos levadas a cabo por estas entidades educativas.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa de que a Xunta de Galicia publicou unha liña de axudas para proxectos emprendedores para a creación ou ampliación de pequenas empresas galegas, ou cun centro de traballo en Galicia, e para proxectos de Re-emprendemento. O prazo de presentación das solicitudes está aberto ata o 22 de febreiro. O/as interesado/as deberán cubrir un formulario electrónico a través da aplicación establecida neste enlace.

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado xoves, 3 de decembro, a concesión da primeira remesa de axudas para as familias numerosas do concello de Ames. Así, aprobouse a concesión de 73.200 euros entre 61 familias. As axudas consisten nun pagamento único de 1.200 euros por unidade de convivencia A estas axudas puideron optar as familias numerosas que teñen a súa residencia habitual no concello de Ames, de maneira ininterrompida desde hai polo menos un ano.

O Concello de Ames recibiu máis de 400 solicitudes á liña de axudas incluídas no Plan Reactiva Ames. O obxecto destas axudas, que concederá o Concello de Ames como concello adherido ao Fondo de Financiamento promovido pola Deputación da Coruña, é impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal amesá e contribuír a paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da COVID-19, nas microempresas e autónomos/as. O Concello de Ames destina a esta liña de axudas un total de 582.547,86 euros. O Fondo de Financiamento constitúese cun 80% de achega da Deputación da Coruña e un 20% financiado con fondos propios do concello. Deste xeito, o Concello de Ames achega 116.509,57 euros e a Deputación da Coruña concede 466.038,29 euros.

As persoas autónomas, con ou sen persoal contratado, xa poden solicitar as axudas que facilita a Xunta de Galicia para compensar as consecuencias económicas provocadas pola Covid-19. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba o mércores a primeira das líneas de apoios do Plan de rescate para as persoas traballadoras autónomas e microempresas que se viran afectados polo peche da súa actividade debido á normativa sanitaria. A axuda, de 1.200 ou 2.000 euros, poderá solicitarse até o vindeiro 18 de decembro.

Dende que abriu o prazo para solicitar as axudas o pasado 10 de novembro, o Concello recibiu máis de 300 solicitudes. Para dar resposta a esta alta demanda de axudas, vaise a reforzar o departamento de Promoción Económica, responsable da tramitación das axudas e subvencións de dito plan, para axilizar á súa concesión, xestión e seguimento e facilitar así a dinamización da actividade económica. Os fondos para ditas contratacións tamén foron previstos no Plan de reactivación e dotados e aprobados no suplemento de crédito do pasado mes. As microempresas e autónomos/as amesás que se viran prexudicados economicamente pola Covid19 poderán presentar a súa solicitude ata ás 14.00 horas do vindeiro 25 de novembro.

O Concello de Ames acaba de aprobar, en Xunta de Goberno Local, a concesión da primeira remesa de subvencións para a promoción de actividades levadas a acabo no exercicio 2019 por clubs e asociacións deportivas do concello de Ames. Despois de resolver as solicitudes presentadas, o goberno municipal aprobou o reparto de 50.000 euros entre 16 clubs deportivos para a súa participación en competicións federadas e 24.262,55 euros para 10 entidades e clubs deportivos para o fomento de actividades deportivas.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o día 10 ata o 25 de novembro. O obxecto destas bases é regular as axudas a conceder polo Concello de Ames como concello adherido ao Fondo de Financiamento promovido pola Deputación da Coruña, aprobadas coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal amesá e contribuír a paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da COVID-19, nas microempresas e autónomos/as. O Concello de Ames destina a esta liña de axudas un total de 582.547,86 euros. O Fondo de Financiamento constitúese cun 80% de achega da Deputación da Coruña e un 20% financiado con fondos propios do concello. Deste xeito, o Concello de Ames achega 116.509,57 euros e a Deputación da Coruña concede 466.038,29 euros.

O Concello de Ames acaba de aprobar, en Xunta de Goberno Local, a concesión das axudas relativas á promoción das actividades culturais e á organización de festexos tradicionais. Despois de resolver as solicitudes presentadas, o goberno municipal aprobou o reparto de 30.000 euros entre 14 asociacións culturais e 21.000 euros entre 5 asociacións e comisións de festas. A estas subvencións puideron optar todas as asociacións culturais ou veciñais do concello de Ames que realizan actividades de índole cultural e festas tradicionais. Amplíase o prazo de xustificación, é dicir, as asociacións que aínda non presentaron a xustificación teñen ata o 16 de novembro para facelo.

Até o 26 de agosto as asociacións de empresarios e comerciantes de Ames teñen prazo para presentar a documentación que lles permita acceder ás subvencións que a concellaría de Promoción Económica ofrece ao sector no noso concello. Ademais, as xustificacións de gastos correspondentes á anualidade 2019 poderán ser presentadas até o 15 de setembro. A decisión desta ampliación de prazos tómase por mor da situación excepcional que estamos vivindo a raíz da pandemia da COVID19 e despois de ter mantido conversas coas asociacións de empresarios e posibles beneficiarios destas axudas.
- ‹ anterior
- 7 de 9
- siguiente ›