Solapas principales

Amplíase o prazo para presentar e xustificar as subvencións de promoción do comercio

Miércoles, 12 de agosto de 2020

Até o 26 de agosto as asociacións de empresarios e comerciantes de Ames teñen prazo para presentar a documentación que lles permita acceder ás subvencións que a concellaría de Promoción Económica ofrece ao sector no noso concello. Ademais, as xustificacións de gastos correspondentes á anualidade 2019 poderán ser presentadas até o 15 de setembro. A decisión desta ampliación de prazos tómase por mor da situación excepcional que estamos vivindo a raíz da pandemia da COVID19 e despois de ter mantido conversas coas  asociacións de empresarios e posibles beneficiarios destas axudas.

O 18 de xullo de 2020, a Xunta de Goberno Local acordou a convocatoria das subvencións para a promoción do comercio no Concello de Ames. Posteriormente o acordo publícase no BOP da Coruña o 27 de xullo de 2020, establecendo como data límite para a presentación destas subvencións o 11 de agosto.

O mesmo día que remataba o prazo, mediante un decreto da alcaldía, amplíase este en quince días, polo que empresarios e comerciantes contarán con dúas semanas máis para preparar a documentación necesaria para poder acceder ás subvencións. Asemade, o prazo para xustificar os gastos correspondentes á anualidade 2019, estable agora como data límite de xustificación o 15 de setembro de 2020.

A situación  actual derivada do COVID-19 e a avaliación destas circunstancias feitas polo departamento de promoción económica despois de ter mantido conversas coas asociacións de empresarios e comerciantes e con persoas do sector, posibles beneficiarios das axudas, son as causas polas que o departamento decide esta ampliación de prazos.

“Estamos vivindo unha situación absolutamente excepcional e o concello ten que estar á altura á hora de dar respostas aos problemas dos empresarios e comerciantes de Ames” manifesta a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, quen engade que “aos comerciantes estes días se lles está multiplicando o traballo por mor de todos os protocolos que deben seguir e que sen dúbida lles ocupan tempo e esforzo; entendemos que por todo isto teñen menos dispoñibilidade para ocuparse doutros trámites”.

Aquí podes consultar o Decreto de ampliación do prazo de presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións para a promoción do comercio no Concello de Ames, exercicios 2019-2020.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames ampliou ata o 26 deste mes o prazo para solicitar as axudas ao comercio e as empresas"

La Voz de Galicia: "Ampliado el plazo para justificar gastos para las ayudas al comercio de Ames"

O prazo para presentar subvencións remata o 26 de agosto

Multimedia

  • O concello apoia ao comercio de Ames