Solapas principales

Aberto o prazo para participar na liña de subvencións a proxectos emprendedores para a creación ou ampliación de pequenas empresas galegas e a proxectos de Re-emprendemento

Miércoles, 13 de enero de 2021

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa de que a Xunta de Galicia publicou unha liña de axudas para proxectos emprendedores para a creación ou ampliación de pequenas empresas galegas, ou cun centro de traballo en Galicia, e para proxectos de Re-emprendemento. O prazo de presentación das solicitudes está aberto ata o 22 de febreiro. O/as interesado/as deberán cubrir un formulario electrónico a través da aplicación establecida neste enlace.

A Concellaría de Promoción Económica informa de que a Xunta de Galicia convocou unha convocatoria de axudas para as pequenas empresas e para os proxectos de re-emprendemento,  financiada polo programa Feder Galicia 2014-2020.

Poderanse beneficiar destas subvencións os autónomos e as pequenas empresas que desenvolveron unha actividade económica e teñan menos de 42 meses de antigüidade na actividade na data da solicitude de axuda. Ademais, todas elas deben desenvolverse en Galicia.

Nesta liña de axudas poden participar as sociedades mercantís. Deste xeito, poden participar cooperativas, asociacións e demais entidades con personalidade xurídica propia e sociedades civís, colectividades inmobiliarias e outras entidades sen personalidade xurídica propia, sempre que conten con NIF e a súa constitución estea documentada e presentada como autoliquidación do imposto de actos xurídicos documentados.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o vindeiro 22 de febreiro de 2021. Para presentar a solicitude de axuda, o/as interesado/as deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención. Dito documento encóntrase a través da aplicación establecida na oficina virtual do IGAPE.

Para máis información, pódese consultar o DOGA ou descargando o documento en formato PDF para imprimir.

Axuda Emprendedores