Actualidad

A Concellaría de Mocidade ten programada para o venres 29 de outubro, unha nova actividade do programa Trouleando, que está dirixida aos/ás mozos/as de Ames. Neste caso, organizouse unha xornada de Nova Jump. O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto do 15 ao 21 de outubro. Para inscribirse hai que enviar a ficha cuberta a omix@concellodeames.gal As prazas, que son limitadas, cubriranse por orde de chegada das inscricións. Esta actividade é de balde e está organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

Eric Gómez Besada, coa fotografía "Vivencias", no primeiro posto, e Branca Ansia Calviño, coa fotografía "Igual de natural" no segundo, foron os gañadores do concurso Sexualizarte, agasallados cunha cesta de xoguetería e produtos eróticos e un diploma. A entrega de premios celebrarase o sábado 18 de setembro nas Xornadas de Educación Sexual, de 10.00 a 14.00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro.

A Concellaría de Mocidade ten programada para o sábado, 25 de setembro, unha nova actividade do programa Trouleando, que está dirixida a mozos/as de Ames. Neste caso, organizouse unha xornada de Scape Room no laberinto do Millo en A Torre, Cacheiras. O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto do 15 ata o 20 de setembro. Para inscribirse hai que enviar a ficha cuberta a omix@concellodeames.gal As prazas, que son limitadas, cubriranse por orde de chegada das inscricións. Esta actividade é de balde e está organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

Este sábado 11 de setembro aterra no Concello de Ames o programa “Mocidade Creativa” que impulsa a área de Mocidade da Deputación da Coruña. Serán catro horas de obradoiros en que a rapazada amesá poderá achegarse á danza urbana, ao mundo do graffiti e participar nunha sesión de DJ.

O programa de Sexualidade positiva e saudable [con]sentido prosegue o sábado 18 de setembro cunhas Xornadas de Educación Sexual. O programa, posto en marcha pola Concellaría de Mocidade, conta cunha ampla programación que abrangue un concurso de fotografía, obradoiros de sexualidade, xornadas de Educación Sexual e un videoforum. As xornadas queren ao longo de cinco horas achegarse aos mozos de Ames un novo xeito de achegarse á sexualidade. Podedes inscribirvos en con.sentido@agasex.org e descargar nesta ligazón a ficha de inscrición. Este programa se encadra dentro dos orzamentos participativos de Mocidade.
![programa [con]sentido programa [con]sentido](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2021/09/consentido_1_page-0001.jpg?itok=EMzu5t68)
A Concellaría de Mocidade organizou a I edición do concurso de fotografía #SexualizArte, dirixido a mozas/os de entre 18 e 30 anos. As imaxes que participaron xa están publicadas no instagram @omixames. Se eres seguidor/a da conta, poderás dar like a túa preferida ata o 14 de setembro. Aquelas fotos con máis “likes” serán as gañadoras do concurso.

Dende o 15 de xullo, os músicos e músicas de Ames xa poden reservar o local municipal A Factoría enviando a solicitude a través do correo electrónico omix@concellodeames.gal. Polo menos, un dos/as seus/súas integrantes debe estar empadroado en Ames e o grupo debe estar dado de alta no censo municipal de artistas do concello. As instalación teñen un novo horario que é, de luns a venres, de 10.00 a 22.00 horas.

A concellaría de Mocidade iniciou o pasado día 26 de xullo o programa [con]sentido cunha ampla programación que abrangue obradoiros de sexualidade, xornadas de Educación Sexual e un videoforum. O prazo de inscrición da I edición do concurso de fotografía #SexualizArte, dirixido a mozas/os de entre 18 e 30 anos, estará aberto ata o 30 de agosto. Podedes consultar as bases premendo na seguinte ligazón. Para inscribirse hai que enviar a ficha cuberta a concursosexualizarte@gmail.com.
![Cartel [con]sentido Cartel [con]sentido](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2021/07/consentido_1_page-0001.jpg?itok=VhbsGiP5)
A concellaría de Mocidade vai iniciar o luns día 26 de xullo o programa [con]sentido cunha ampla programación que abrangue un concurso de fotografía, obradoiros de sexualidade, xornadas de Educación Sexual e un videoforum. Con este programa darase resposta á demanda da mocidade amesá nos Orzamentos participativos do ano 2020.

A cuarta sesión do programa cultural “Seráns de Tapia” realizarase o xoves 22 de xullo. A actuación musical de Broken Peach, a banda de Rock & Soul, comezará ás 20.00 horas. Todas as actividades son de balde e non é preciso convite ou inscrición previa.
- ‹ anterior
- 12 de 16
- siguiente ›




