Solapas principales

Inscríbete e participa no Scape Room do programa Trouleando

Martes, 14 de septiembre de 2021

A Concellaría de Mocidade ten programada para o sábado, 25 de setembro, unha nova actividade do programa Trouleando, que está dirixida a mozos/as de Ames. Neste caso, organizouse unha xornada de Scape Room no laberinto do Millo en A Torre, Cacheiras. O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto do 15 ata o 20 de setembro. Para inscribirse hai que enviar a ficha cuberta a omix@concellodeames.gal As prazas, que son limitadas, cubriranse por orde de chegada das inscricións. Esta actividade é de balde e está organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

A rapazada amesá xa ten plan para este mes de setembro. O programa Trouleando propón unha actividade que conxuga diversión e enxeño, a través dun xogo de “medo” con probas e retos.

Os/as participantes deberán percorrer o Labirinto do Millo para ir descubrindo terroríficas sorpresas, superando en equipo os enigmas de cada “sala de mortos viventes” ao tempo que se divirten e gozan dos recursos da contorna.

A actividade realizarase no labirinto do millo da Torre en Cacheiras o sábado 25 de setembro. Para asistir sairá un bus dende o Pazo da Peregrina (Bertamiráns) ás 20.15h e da Casa da Cultura do Milladoiro ás 20.30h. O regreso efectuarase nas mesmas paradas, chegando ao Milladoiro arredor das 22.45-23.00h e a Bertamiráns ás 23.00h-23.15h aproximadamente. O
Para inscribirse debes estar empadroado/a no Concello de Ames, ter entre 12 anos cumpridos (nados en 2009) e 30 anos. Para participar hai que cubrir a ficha de inscrición e enviala a omix@concellodeames.gal,  entre o 15 e o 20 de setembro.

Será preciso contar cun mínimo de 15 mozos/as para desenvolvela actividade, en caso contrario, o Concello de Ames, poderá anular a actividade.

Ante calquera dúbida pódese contactar coa Omix no correo electrónico omix@concellodeames.gal .

Novas relacionadas:

Revista AmesGO: "‘Trouleando’ organiza un scape room"

Inscríbete e participa no Scape Room do programa Trouleando

Multimedia

  • Inscríbete e participa no Scape Room do programa Trouleando