Solapas principales

Tapia soará a ritmo de Rock & Soul co concerto das Broken Peach

Miércoles, 21 de julio de 2021

A cuarta sesión do programa cultural “Seráns de Tapia” realizarase o xoves 22 de xullo. A actuación musical de Broken Peach, a banda de Rock & Soul, comezará ás 20.00 horas.  Todas as actividades son de balde e non é preciso convite ou inscrición previa.

O programa “Seráns de Tapia” pon o foco esta xornada na rapazada amesá cun concerto organizado pola concellaría de Mocidade. As Broken Peach son 4 mulleres, xunto cun batería, un baixo, e un guitarra/piano, que conseguen situar ao público en diferentes épocas e ambientes. O seu eclecticismo musical viaxa desde o soul ata o rock, pasando polo gospel, funk e pop.

A concellaría de Cultura leva achegando a literatura, a música e o teatro ao entorno privilexiado da Praia Fluvial de Tapia todo o mes de xullo. Faino cada xoves da man das  Bibliotecas Municipais, e en colaboración coa Concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística.

O programa “Seráns de Tapia” converteuse, ademais, nun xeito de democratizar a cultura achegándoa ao rural do Concello de Ames.

Todos os xoves de xullo e agosto a Praia Fluvial de Tapia acollerá actividades de teatro, literatura, concertos e monólogos. Podedes consultar a programación completa premendo nesta ligazón.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Tapia soará a ritmo de Rock & Soul co concerto do grupo Broken Peach"

 

Broken Peach nos Seráns de Tapia

Multimedia

  • Broken Peach nos Seráns de Tapia