Actualidad

O proxecto Apego continúa a súa programación de outono co espectáculo “Con lingua propia”, do clown galego Peter Punk, que terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns o venres 4 de outubro, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 3 de outubro, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o segundo semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

Os premios, cuxas bases xa están publicadas en www.youtubeiras.gal, repartirán 7.500 euros entre as persoas gañadoras de sete categorías: canle de Youtube, canle de TikTok, creación de contidos, revelación, calidade lingüística, rede e premio do público. O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de novembro ás 23:59 horas. Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística de dez concellos, entre os que se inclúe Ames; das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación en galego no YouTube con temáticas e formatos diversos, así como de promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede.

O departamento de Normalización Lingüística de Ames, dentro do programa Apego, prepara unha nova actividade para darlle a benvida ao outuno. O vindeiro sábado 28 de setembro farase unha excursión ao Pazo de Arxeriz, no Cabo do Mundo, e a Carballolandia, un ecoparque situado no concello de Chantada, na Ribeira Sacra, á beira do río Miño. Ofrecerase servizo de autobús con saída ás 9:30 e regreso ás 21:00 horas ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns. As inscricións para participar na actividade, que está dirixida ao público familiar, son de balde. Hai prazas limitadas, polo que é preciso inscribirse. O prazo está aberto dende hoxe ata o vindeiro 26 de setembro, e para anotarse só hai que enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal, no que se indique nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade das crianzas. A programación do Apego para o segundo semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

O proxecto Apego continúa a súa programación de outono co obradoiro de masaxes “Música na pel”, que terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro o venres 20 de setembro, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 19 de setembro, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o segundo semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

O proxecto Apego continúa a súa programación de outono co concerto “A danza do verán”, que terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns o venres 13 de setembro, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 12 de setembro, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o segundo semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

Ao abeiro do programa Apego, a Concellaría de Normalización Lingüística puxo en marcha un ano máis as Brincadeiras Miúdas, dúas xornadas de xogos tradicionais, música, obradoiros e creación libre de xoguetes. As brincadeiras comezan cun concerto participativo de Cé Orquestra Pantasma e continúan con xogos tradicionais, xogo libre e un espazo para a creación libre de xoguetes. A primeira xornada, que tivo lugar onte en Bertamiráns, foi un éxito de participación. Hoxe, 5 de setembro, ía ter lugar a segunda e última xornada en Ventín, pero finalmente, foi adiada por mor da previsión meteorolóxica. Proximamente anunciarase unha nova data.

Ao abeiro do programa Apego, a Concellaría de Normalización Lingüística pon en marcha un ano máis as Brincadeiras Miúdas, dúas xornadas de xogos tradicionais, música, obradoiros e creación libre de xoguetes que se desenvolverán o mércores 4 de setembro no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, e o xoves 5 na Carballeira de Ventín, detrás do colexio de Ventín. As brincadeiras comezarán cun concerto participativo de Cé Orquestra Pantasma e continuarán con xogos tradicionais, xogo libre e desestruturado e un espazo para a creación libre de xoguetes con materiais naturais. A actividade diríxese ao público familiar. As dúas xornadas, que son de balde e sen inscrición previa, celebraranse de 18:00 a 20.00 horas. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

O Concello de Ames presentou as propostas que compoñen a programación infantil con Apego de Ames para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2024, que inclúen dende xogos, contos, obradoiros, espectáculos musicais e teatrais e foliadas ata maxia ou cinema. O programa abre esta semana coas “Brincadeiras miúdas” de Cé Orquestra Pantasma e a cooperativa Miudiño, que serán o mércores 4 no parque do Ameneiral de Bertamiráns, e o xoves 5 na carballeira de Ventín do Milladoiro. Comezarán ambos días ás 18:00 horas, son de balde e non se precisa inscrición previa. A programación ao completo pódese consultar premendo nesta ligazón.

Este xoves, 22 de agosto, a carballeira de Bugallido acollerá a sexta xornada dos Seráns de Ames. Esta iniciativa, que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto, acolle nesta ocasión a Foliada do programa Apego, que incluirá a actuación musical de Pablo Díaz e Olga Kirk, ás 19:00 horas. Premendo nesta ligazón podes consultar o cartel ao completo dos “Seráns de Ames”.

Hoxe, xoves 27 de xuño, o Pazo da Peregrina acolleu a sesión de clausura do Obradoiro de acollemento lingüístico “En galego, co teu acento”, que se desenvolveu en Bertamiráns do 3 ao 27 de xuño. Dez persoas de nacionalidades e orixes diversas participaron no taller, no que puideron aprender máis sobre a lingua e a cultura galega. O obradoiro, no que colaboran as concellarías de Normalización Lingüística e de Benestar Social, rematou coa entrega duns diplomas e con palabras de agradecemento mutuas e en galego. Xa está aberto o prazo de inscrición para este mesmo obradoiro, pero para a quenda que se vai impartir do 1 ao 24 de outubro na Casa da Cultura do Milladoiro.
- ‹ anterior
- 5 de 36
- siguiente ›