Actualidad

Por ejemplo, 24-08-2026
Por ejemplo, 24-08-2026
Domingo, 10 de agosto de 2025
Aberto o prazo para solicitar un posto no novo mercado de horta e artesanía que se celebrará os sábados pola mañá a partir de setembro

O prazo para solicitar un novo posto no novo mercado de horta e artesanía estará aberto ata o vindeiro 21 de agosto. Esta iniciativa comezará a funcionar a partir da terceira semana do mes de setembro e celebrarase todos os sábados pola mañá, en horario de  10.00 a 13.30 horas, na praza da Maía. O mercado conta con 13 postos de venda. Cómpre lembrar que o prazo de solicitudes estará aberto durante todo o ano por se, no caso de existencia dun posto libre, este poida ser cuberto por outro comerciante interesado. As solicitudes poden presentarse enviando o impreso de solicitude cuberto a través da Sede electrónica ou de forma presencial nas oficinas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro.  

Miércoles, 30 de julio de 2025
O Concello de Ames porá en marcha a partir de setembro un mercado de horta e artesanía que se celebrará os sábados pola mañá na Praza da Maía

Ames contará co seu propio mercado de horta e artesanía todos os sábados pola mañá, a partir do mes de setembro. Esta iniciativa, enmarcada dentro do Plan de Acción da Axenda Urbana de Ames, pretende fomentar o consumo de produtos de proximidade, dinamizando a economía e produción local. O mercado estará localizado na Praza da Maía, en Bertamiráns, en horario de 10.00 a 13.30 horas e contará con 13 postos de venda. O prazo para solicitar un espazo neste novo mercado estará aberto desde mañá, 31 de xullo, ata o vindeiro 21 de agosto. As solicitudes poden presentarse enviando o impreso de solicitude cuberto a través da Sede electrónica ou de forma presencial nas oficinas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro. Mañá ás 12.00 horas, no Salón de Plenos do Concello, haberá unha presentación informativa sobre o funcionamento do mercado. 

Sábado, 19 de julio de 2025
Alba Mourelle, Andrés Parga, Soraya Santos, Laura Marcote, Naiara Carreira e Miriam Gómez gaña, a segunda edición do Baila con Ames

A segunda edición do Baila con Ames xa ten gañadores. Preto de 80 artistas participaron este pasado venres, 18 de xullo, neste concurso celebrado no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Na categoría individual a gañadora foi Alba Mourelle, mentres que na categoría de grupos (para formacións de mínimo 4 persoas e un máximo de 12) as gañadores e gañadores foron Laura Marcote, Andrés Parga, Soraya Santos, Naiara Carrwira, Miriam Gómez e, de novo Alba Mourelle. Ademais, na categoría de parellas ou tríos creada nesta edición (dirixida a formacións de 2 ou 3 persoas como máximo) os gañadores foron Andrés Parga e Soraya Santos. Repartíronse un total de 3.900 euros en premios e seis vales de 100 euros cada un para gastar no comercio local. O xurado estivo formado por Daniela Filloy, Magaly Balsa e Dora Iglesias. Nesta ligazón podes acceder á galería de imaxes do evento. 

Jueves, 17 de julio de 2025
Imaxe de arquivo da pasada edición do Baila con Ames

Este venres, 18 de xullo, vaise a celebrar a segunda edición do concurso Baila con Ames. Será a partir das 18.00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Nesta edición están inscritos un total de 77 participantes, que estarán divididos nas categorías individual, parellas ou tríos (dirixida a formacións de 2 ou 3 persoas como máximo) e grupos (para formacións de mínimo 4 persoas e un máximo de 12). O xurado, formado por Daniela Filloy, Magaly Balsa e Dora Iglesias, terá que decidir os catro premios que se outorgan por cada categoría. Repartirase un total de 3.900 euros en premios e seis vales de 100 euros cada un para gastar no comercio local. A entrada será libre ata completar aforo.

Martes, 15 de julio de 2025
A Xunta e o Concello de Ames impulsan a colaboración para mellorar a empregabilidade do municipio e reforzar a formación en sectores estratéxicos

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, mantivo esta mañá unha reunión co alcalde de Ames, Blas García, coa concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e co técnico municipal, Juan Carlos Carreja, para analizar vías de colaboración que permitan potenciar a empregabilidade no municipio coruñés.

Martes, 08 de julio de 2025
Participa na sesión sobre emprendemento cooperativo que acollerá o Espazo A Proa este venres 11 de xullo

Este venres, 11 de xullo, o Espazo de Coworking A Proa acollerá a charla aberta ao público “E ti, coñeces a fórmula?”, unha sesión divulgativa sobre o emprendemento cooperativo enmarcada dentro do Programa de sensibilización para o emprendemento cooperativo. A xornada é de balde e terá lugar de 10.00 a 12.30 horas e estará impartida por Rosa Álvarez, técnica de EspazoCoop. Para participar é preciso inscribirse a través da seguinte ligazón

Lunes, 30 de junio de 2025
A Unión de Consumidores de Galicia organiza a charla informativa "A problemática dos defectos de fábrica nos automóbiles"

A Unión de Consumidores de Galicia vai impartir unha nova charla no concello de Ames. Neste caso vaise abordar a problemática dos defectos de fábrica nos automóbiles. A charla informativa será este mércores, 2 de xullo, ás 20.30 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Esta actividade enmárcase no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).

Jueves, 26 de junio de 2025
Ponse en marcha a segunda edición do concurso Baila con Ames con preto de 80 participantes

Este sábado, 28 de xuño, bota a andar a segunda edición do concurso Baila con Ames. Farao coa fase de preselección, que se vai a celebrar dende ás 18.00 horas, nas pistas deportivas que se atopan ao carón da Casa da Cultura do Milladoiro. Están inscritos un total de77 participantes, que estarán divididos nas categorías individual, parellas ou tríos (dirixida a formacións de 2 ou 3 persoas como máximo) e grupos (para formacións de mínimo 4 persoas e un máximo de 12). Nesta fase, o xurado seleccionará un máximo total de 21 participantes entre todas as categorías. Tras todas as exhibicións, comunicarase a listaxe de persoas clasificadas para a fase final. As persoas clasificadas poderán enviar ata o 14 de xullo a pista musical escollida para a derradeira exhibición. 

Miércoles, 25 de junio de 2025
O Concello de Ames e Territorios Latentes abordan a análise do Big Data aplicado ao territorio na oitava edición do Innpulso Emprende celebrada en Gijón

Esta mañá o alcalde de Ames, Blas García, e maila cofundadora e xerente de Territorios Latentes, Natalia Alvaredo López, abordaron a análise do Big Data aplicado ao territorio na oitava edición de Innpulso Emprende que se celebrou en Gijón. Trátase do evento máis representativo da Rede Innpulso, que ten como obxectivo principal facilitar o encontro entre responsables municipais e o tecido emprendedor, á vez que se premian as iniciativas máis innovadoras dos distintos municipios. Tamén acudiu ao evento a concelleira de Promoción Económica do Concello de Ames, Ana Belén Paz. Dito evento contou coa participación de 42 concellos pertencentes á Rede Innpulso. Ames foi o único concello galego que participou en dito evento.

Miércoles, 18 de junio de 2025
O Espazo de Coworking A Proa acolle o vindeiro 27 de xuño un obradoiro sobre redes sociais aberto á veciñanza

O vindeiro venres 27 de xuño, o Espazo de Coworking A Proa, localizado no Milladoiro, acollerá un obradoiro sobre redes sociais impartido por Carolina Buján, no que poderá participar calquera veciña e veciño de Ames que estea interesado en asistir. O obradoiro impartirase en horario de mañá, de 12.00 a 14.00 horas.