Solapas principales

A Xunta e o Concello de Ames impulsan a colaboración para mellorar a empregabilidade do municipio e reforzar a formación en sectores estratéxicos

Martes, 15 de julio de 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, mantivo esta mañá unha reunión co alcalde de Ames, Blas García, coa concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e co técnico municipal, Juan Carlos Carreja, para analizar vías de colaboración que permitan potenciar a empregabilidade no municipio coruñés.

Durante o encontro, púxose en valor o traballo da Unidade de Acción Formativa que a Xunta de Galicia ten en Bertamiráns, onde se desenvolven distintas accións formativas destinadas a favorecer a inserción laboral das persoas en situación de desemprego e dar resposta ás esixencias do tecido produtivo. 

Neste contexto, avaliouse a posibilidade de especializar este centro na formación vinculada ás enerxías renovables e á eficiencia enerxética, co obxectivo de responder á crecente demanda de perfís profesionais cualificados neste ámbito estratéxico. Valorouse tamén a importancia de fomentar a colaboración público-privada para que as empresas dispoñan dun espazo tecnoloxicamente adaptado ás innovacións do sector e que permita reforzar a conexión entre formación e emprego real.

Compromiso coa mellora da empregabilidade
O alcalde de Ames, Blas García, destaca que “o Concello de Ames é un referente na formación das persoas, cunha taxa de empregabilidade nas formacións que realiza en colaboración coa Xunta de Galicia de preto do 50%. Como non pode ser doutro xeito poñémonos a disposición da Consellería para seguir avanzando no eido da formación pois o emprego é independencia e dignidade”.

O compromiso do Concello de Ames coa mellora da empregabilidade reflíctese, ademais, na súa participación como beneficiario da orde autonómica dos programas integrados de emprego, en colaboración co Concello de Brión, destinados a ampliar as oportunidades laborais das persoas desempregadas, especialmente daquelas que pertencen a colectivos con maiores dificultades de inserción.

Novas relacionadas: 

La Voz de Galicia: "Xunta y Concello estudian incluir el campo de las renovables en el aula formativa de Bertamiráns"

El Correo Gallego: "Ames colabora coa Xunta para mellorar a empregabilidade do municipio"

Diario de Santiago: "A Xunta e o Concello de Ames impulsan a colaboración para mellorar a empregabilidade do municipio e reforzar a formación en sectores estratéxicos"

AMSGO!: "Xunta e Concello valoran a posibilidade de especializar en renovables a Unidade de Acción Formativa de Bertamiráns"

A Xunta e o Concello de Ames impulsan a colaboración para mellorar a empregabilidade do municipio e reforzar a formación en sectores estratéxicos

Multimedia

  • A Xunta e o Concello de Ames impulsan a colaboración para mellorar a empregabilidade do municipio e reforzar a formación en sectores estratéxicos