Actualidad

Por ejemplo, 29-06-2025
Por ejemplo, 29-06-2025
Viernes, 20 de enero de 2023
Preto de 50 persoas participaron na cuarta edición da campaña de promoción do comercio local “Ilumina o teu sorriso”

Esta mañá a sala de xuntanzas da Casa do Concello acolleu o sorteo dos tres premios incluídos na cuarta edición da campaña de promoción do comercio local “Ilumina o teu sorriso”. No sorteo participaron as 44 persoas que enviaron como mínimo dúas fotografías realizadas en dous dos lugares seleccionados polas súas decoracións de Nadal: nas prazas do Concello e da Maía, en Bertamiráns, ou na praza da Madalena e no aparcamento do Supercor, no Milladoiro. As premiadas foron  Ana María Cortizo, do Milladoiro, que recibirá un teléfono móbil Samsung Galaxy A13, e Laura Paz, de Cruxeiras (parroquia de Ames), e Tamara Juncal, de Bertamiráns, que lle tocaron cadanseu vale de 100 euros gastar en comercios amesáns adheridos a XEA.

Martes, 17 de enero de 2023
Realízase o sorteo dos vales de Nadal por valor de 850 euros para gastar no comercio local

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa sobre o sorteo dos vales de Nadal por valor de 850 euros, que se poderán trocar nos locais asociados á Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA). En dito sorteo participaron os nenos e nenas que participaron nos talleres e xogos do mundo incluídos na programación de Nadal do Concello de Ames. Tamén participaron no sorteo aquelas persoas que realizaron compras durante o período de Nadal nos establecementos comerciais asociados a XEA. Chamarase por teléfono a todos/as os/as gañadores/as para entregarlles o premio. Preme nesta ligazón para comprobar a listaxe das persoas gañadoras dos vales de Nadal.

Jueves, 05 de enero de 2023
Máis de 30 nenos e nenas visitaron aos Reis Magos en Bugallido

Ames está preparada para recibir esta tarde aos Reis Magos de Oriente na Gran Festa de Reis. Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán coas súas cabalgatas as rúas do Milladoiro e de Bertamiráns dende as 17:00 horas e as 19:00 horas respectivamente. A comitiva real formada por tres carrozas, cen nenos e nenas e un gandeiro repartirá entre a veciñanza máis de 250 quilos de caramelos. A festa culminará nos pavillóns municipais onde pequenos e maiores van despedir aos Magos de Oriente cunha merenda e cunha actuación musical. Os Magos participarán nas cabalgatas logo de percorrer, esta mesma mañá, as once parroquias de Ames escoitando os desexos da cativada e enchendo o concello de maxia e ilusión. Ao que hai que sumar as recepcións nos pavillóns. Ao longo do martes e do mércores Melchor, Gaspar e Baltasar recibiron a visita de máis de 800 familias.

Martes, 03 de enero de 2023
Todo listo en Ames para recibir a visita dos Reis Magos de Oriente

Melchor, Gaspar e Baltasar van pasar tres días no concello de Ames escoitando os desexos da cativada e enchendo a vila de maxia e ilusión. A Gran Festa de Reis comeza este martes cunha recepción dos Reis. Os Magos de Oriente estarán nos pavillóns de Bertamiráns e do Milladoiro ao longo do martes 3 e do mércores 4 atendendo as peticións dos nenos e das nenas amesás. Poden reservar a súa cita accedendo á Sede electrónica do Concello de Ames.  O xoves, pola mañá, as súas maxestades visitarán as parroquias do concello para espallar a súa maxia por todos os recunchos do concello. Xa pola tarde percorrerán coas súas cabalgatas as rúas do Milladoiro e de Bertamiráns. O fin de festa reunirá a pequenos e maiores nos pavillóns municipais para despedir aos Magos de Oriente e gozar dunha merenda e dunha actuación musical.

Lunes, 02 de enero de 2023
O acto foi seguido por 1.100 persoas

O Concello de Ames volveu celebrar as súas Prebadaladas. O evento creou un ambiente festivo e familiar para darlle a benvida ao 2023 de maneira anticipada. Dende as 11 da mañá e ata as 13:30, hora á que rematou a cita, 1100 persoas pasaron pola praza do Concello para gozar das moitas actividades que se levaron a cabo para celebrar a chegada do novo ano. Un gran reloxo situado na fachada da Casa do Concello foi o encargado de marcar as Prebadaladas que deron inicio a unha festa chea de música, diversión e alegría. Pinchando neste link podedes ver un vídeo resumo das Prebadaladas de Ames.

Sábado, 31 de diciembre de 2022
O contrato adxudicouse por 12.801,80 euros

Na Xunta de Goberno Local celebrada o pasado xoves, 22 de decembro de 2022 adxudicouse o contrato de servizo para o desenvolvemento dunha plataforma web e móbil que permita promocionar o comercio local do concello de Ames que estará cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no  marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

Jueves, 29 de diciembre de 2022
As prebadaladas darán comezo a partir das 11:00 horas

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organiza para este sábado, 31 de decembro, outra das iniciativas que se enmarcan dentro da programación de Nadal, as Prebadaladas de fin de ano, que terán lugar na praza do Concello, en Bertamiráns, a partir das 11:00 horas. Haberá animación da man dos gañadores/as das últimas dúas edicións do concurso Canta con Ames. Ademais, entre os asistentes repartiranse bolsas con cotillón, chicharróns e arandos, e para os máis pequenos tamén haberá lambetadas sen glute e batidos. Na praza instalarase unha carpa para que os asistentes poidan gozar da actividade en caso de previsión meteorolóxica adversa.

Miércoles, 28 de diciembre de 2022
O acordo asinado recolle distintas modificacións do RPT

O alcalde de Ames, Blas García, vén de asinar cos/coas representantes das seccións sindicais con representación no Concello de Ames (UGT, CSIF, CIG e CCOO) un acordo para a realización dun estudo, avaliación e actualización da Relación de Postos de Traballo actual. Esta é unha das reivindicacións máis importantes feitas pola representación sindical durante os últimos anos, manifestada tanto polas diferentes seccións sindicais coma polo Comité de Empresa e a Xunta de Persoal. A Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ames foi aprobada no ano 2007 e desde o ano 2016 realizáronse 11 modificacións puntuais da RPT para adaptala á realidade do cadro de persoal municipal.

Martes, 27 de diciembre de 2022
Os Reis Magos irán acompañados de preto de cen nenos e nenas nas cabalgatas

A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu esta mañá a presentación da Gran Festa de Reis que se celebrará os días 3, 4 e 5 de xaneiro en Ames. Ao acto asistiron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz e o concelleiro do Rural e Participación Cidadá, Santiago Márquez. Estiveron acompañados por Graciela Castro, en representación de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), e por varios nenos e nenas do CEP de Ventín e do CEIP da Maía. A programación presentada inclúe unha recepción dos Reis á cativada, visitas por todas as parroquias, cabalgatas no Milladoiro e en Bertamiráns e unha despedida nos pavillóns municipais. As actividades organizadas polo Concello de Ames durante o Nadal 2022 poden consultarse ao completo premendo nesta ligazón.

Lunes, 26 de diciembre de 2022
Cartaz programa integrado de emprego 2023

Ata o día 13 de xaneiro continúa aberto o prazo para solicitar praza no novo programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión (2022-2023). Nesta edición o programa está dirixido a 100 persoas desempregadas que serán asesoradas na súa procura de emprego e se formarán en competencias xerais así como en diversos sectores, nos que tamén poderán realizar prácticas en empresas da contorna. Formaranse nos ámbitos do comercio; almacén; ocio e tempo libre; limpeza de edificios e locais e arranxo de habitacións en hoteis; turismo; idiomas e novas tecnoloxías. O obxectivo do programa é que, como mínimo, o 40% das persoas participantes atopen un traballo, porcentaxe superada nas últimas edicións executadas dos programas integrados.