Actualidad

Por ejemplo, 25-06-2025
Por ejemplo, 25-06-2025
Jueves, 29 de junio de 2023
Cartaz do Kopa pop-up

A empresa amesá Pato Peluqueros, en colaboración con xóvenes promesas e co Concello de Ames, organiza este sábado un “pop-up” para presentar a nova colección de roupa de verán do deseñador amesán Niko Pato, coñecido artisticamente como Niko Kopa. A xornada desenvolverase no Pazo da Peregrina a partir das 12:00 horas. Os asistentes poderán gozar de descontos especiais no prezo das prendas, recibirán un regalo de benvida e entrarán en diversos sorteos. Ademais, haberá concertos a cargo de artistas noveis de Ames e da súa contorna. Por outra banda, habilitarase unha zona de graffitis.

Miércoles, 28 de junio de 2023
Cartaz da sesión informativa sobre a formación ocupacional

Este xoves, 29 de xuño, ás 16.30 horas, no Espazo coworking A Proa, está previsto que se realice unha sesión informativa sobre a formación ocupacional que se vai impartir dende o 3 de xullo ata o mes de novembro nas instalacións de ForGa, que están situadas no parque empresarial Novo Milladoiro. Dita sesión correrá a cargo da encargada da empresa Rafer e dos docentes da parte sectorial. Posteriormente, farase unha visita á ForGa onde se vai a impartir a formación. Para participar nesta xornada hai que inscribirse cubrindo este formulario. Ames Emprega e Integra é un programa de inserción laboral para colectivos desfavorecidos do concello de Ames, que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Ao longo de cinco meses impartiranse un total de 13 cursos, pensados para incrementar o índice de inserción laboral e social no municipio.

Lunes, 26 de junio de 2023
Cartaz do AmesON 2023

O programa “AmesON de verán” prosegue durante esta semana, coa actuación do DJ Gallaecia este venres, día 30, en Bertamiráns, e de Brais das Hortas o sábado 1, no Milladoiro. A programación do AmesON, organizada polo departamento de Promoción Económica, ten como obxectivo dinamizar o comercio local e a hostalaría durante o período estival.

Miércoles, 21 de junio de 2023
Cartaz da cea solidaria Obra Social Pediatría - Concello de Ames

O Concello de Ames colabora na organización da primeira edición da cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames, un evento que se realizará o vindeiro venres 30 de xuño, ás 20.30 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, co obxectivo de recadar fondos para contribuír á investigación sanitaria e ao incremento da calidade asistencial dos pacientes pediátricos do CHUS. O evento está organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames, Obra Social Pediatría e Albarín catering e eventos. Premendo nesta ligazón podes acceder ao formulario que hai que cubrir para mercar as entradas da cea e á información da Fila Cero por se queres realizar un donativo. Na actualidade hai preto de 100 persoas inscritas para participar en dito evento. Para obter máis información tamén se pode chamar ao número de teléfono 641 11 60 05.

Lunes, 19 de junio de 2023
Cartaz da terceira edición da Feira de San Xoán

A III Feira de San Xoán, organizada pola Xuntanza de Empresarios de Ames, en colaboración co Concello de Ames, volve un ano máis ao parque do Ameneiral con artesanía, música e máis actividades. Será os días 23 e 24 de xuño. 

Viernes, 16 de junio de 2023
Cartaz do programa Canta con Ames 2023

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, lembra que está aberto o prazo de inscrición ata o 9 de xullo para inscribirse nas categorías infantil, xuvenil, sénior e súper sénior do concurso Canta con Ames. As inscricións poden realizarse a través do correo amesnarua@gmail.com. Haberá unha fase de preselección no Milladoiro e en Bertamiráns os días 21 e 29 de xullo. A semifinal será no Milladoiro o 4 de agosto e a final celebrase en Bertamiráns o 18 de agosto. O xurado do concurso estará composto por Inés Suárez, Noelia Bellas e Lara López, mentres que a presentadora será Loly Gómez. As bases do concurso poden consultarse premendo nesta ligazón.

Jueves, 01 de junio de 2023
Comeza o programa Ames Emprega e Integra cun obradoiro formativo a cargo da formadora María Negredo

A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este xoves, 1 de xuño, a presentación do programa Ames Emprega e Integra. Trátase dun programa de inserción laboral para colectivos desfavorecidos do concello de Ames, que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 (POPE), financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER). Dito programa está previsto que se execute ao longo de seis meses, entre xuño e novembro deste ano. A presentación contou con dúas partes diferenciadas. Na primeira realizouse un acto de presentación institucional no que interviron o alcalde e maila concelleira encargada do programa (ambos en funcións), así como os técnicos municipais de inserción laboral. Tras a presentación, impartiuse o primeiro taller formativo do programa: “Convertendo desafíos en oportunidades”, que foi impartido por María Negredo (formadora, asesora de emprego e coach).

Martes, 30 de mayo de 2023
Imaxe do stand informativo no Milladoiro

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este xoves, 1 de xuño, ás 11.00 horas, a presentación do programa “Ames Emprega e Integra”. Trátase dun programa de inserción laboral para colectivos desfavorecidos do concello de Ames, que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 (POPE), financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER). Dito programa está previsto que se execute ao longo de seis meses, entre xuño e novembro deste ano. A presentación contará con dúas partes diferenciadas. Na primeira farase unha acto de presentación institucional no que intervirán o alcalde e maila concelleira de Promoción Económica en funcións, así como os técnicos municipais de inserción laboral. Tras a presentación, impartirase o primeiro taller informativo do programa: “Convertendo desafíos en oportunidades”, que será impartido por María Negredo (formadora, asesora de emprego e coach).

Viernes, 26 de mayo de 2023
Imaxe da visita da ministra de Ciencia e Innovación

A ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant, foi recibida polo alcalde, pola concelleira de Promoción Económica e unha ampla representación dos concelleiros e concelleiras que forman parte da Corporación municipal, na visita que fixo este xoves, 25 de maio, ao centro coworking Espazo A Proa, no Milladoiro. A ministra, que estivo acompañada da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, participou nun encontro coas empresas amesás do sector da comunicación, innovación, tecnolóxico e audiovisual. Tamén conversou co alumnado e profesorado dos colexios que gañaron o concurso de Innovames 2022 para proxectos educativos innovadores (CEIP Barouta, CEIP Agro do Muíño e IES do Milladoiro).

Jueves, 11 de mayo de 2023
Imaxe da presentación dos programas AmesOn e Canta con Ames

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu este xoves, 10 de maio, pola tarde, a presentación dunha nova edición dos programas AmesOn e Canta con Ames. O AmesOn de verán 2023 inclúe nove actuacións musicais para todos os públicos, que se van celebrar entre xuño e setembro. Para o concurso Canta con Ames xa están abertas as inscricións nas categorías infantil, xuvenil, sénior e súper sénior. As inscricións poden realizarse a través do correo amesnarua@gmail.com ata o 9 de xullo. Haberá unha fase de preselección no Milladoiro e en Bertamiráns os días 21 e 29 de xullo. A semifinal será no Milladoiro o 4 de agosto e a final celebrase en Bertamiráns o 18 de agosto. O xurado do concurso estará composto por Inés Suárez, Noelia Bellas e Lara López, mentres que a presentadora será Loly Gómez. As bases do concurso poden consultarse premendo nesta ligazón.