Actualidad

Por ejemplo, 20-10-2026
Por ejemplo, 20-10-2026
Viernes, 16 de enero de 2026
O grupo municipal de teatro de Ames representa en Muxía o espectáculo Soño dunha noite de San Xoán

Este sábado 17 de xaneiro, ás 20.00 horas, o grupo municipal de teatro de Ames representará o seu último espectáculo Soño dunha noite de San Xoán, no salón do Voluntariado de Muxía. Trátase dunha adaptación da obra de William Shakespeare escrita no 1595 baixo a dirección de Diego Rey. O espectáculo xa foi presentado no pasado mes de xuño tanto no auditorio do Milladoiro coma no de Bertamiráns. Posteriormente, este espectáculo foi representado na Mostra de Teatro Afeccionado 2025 do Concello de Ames  no pasado mes de decembro. Deste xeito, esta representación forma parte dun intercambio acordado coa Escola Municipal de Teatro de Muxía que participou na Mostra de Teatro Afeccionado.

Martes, 13 de enero de 2026
Caxade chega a Bertamiráns acompañado da banda de música de Brión

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres 16 de xaneiro, ás 20.00 horas, o concerto do amesán Alonso Caxade xunto coa banda de música de Brión, organizado polo Concello de Ames a través da concellaría de Cultura. Esta actuación será a primeira que Caxade teña na súa localidade, logo de ser adiada a que tiña prevista para o pasado mes de novembro.

Viernes, 09 de enero de 2026
O Concerto de Reis porá o peche á programación de Nadal en Ames

O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, organiza este sábado 10 de xaneiro o Concerto de Reis a cargo das agrupacións corais de Ames, unha actividade que porá o peche á programación do Nadal. O recital terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro ás 19.00 horas. Os convites xa se poden descargar na Billeteira electrónica do Concello de Ames. A entrada será de balde ata completar aforo.

Martes, 16 de diciembre de 2025
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este sábado 20 de decembro o tradicional concerto de Nadal

O Concello de Ames acolle este sábado, 20 de decembro, o concerto anual de Nadal, a través da Concellaría de Cultura. A partir das 19.00 horas, diversos grupos de baile e música tradicional de Ames pasarán polo escenario do auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns nunha festa do folclore enmarcado na programación de Nadal do Concello. A entrada ao recital é gratuíta ata completar aforo e os convites poden descargarse xa dende a Billeteira electrónica.

Viernes, 05 de diciembre de 2025
Compañías de Ames, Brión, Muxía e Santa Comba son as protagonistas da Mostra de Teatro Afeccionado 2025

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, volve a programar un ano máis a Mostra de Teatro Afeccionado. Deste xeito, o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolle desde hoxe, día 5, e ata o 8 de decembro un total de catro representacións teatrais a cargo de compañías de Ames, Brión, Muxía e Santa Comba. Nas catro funcións encherase o auditorio, xa que reservaronse a maior parte dos convites. Aínda así quedan algúns convites dispoñibles, que se poden adquirir na Billeteira electrónica, ou o propio día do espectáculo, no caso de non esgotarse previamente. 

Sábado, 29 de noviembre de 2025
Araceli Gonda protagoniza a segunda xornada do ciclo “Expertas de seu” en Bugallido, coa proxección da película 18 comidas e un coloquio posterior

A Asociación Centro Cultura Mahía continúa este outono co ciclo Expertas de seu, unha proposta que pon en valor o talento e a mirada das creadoras galegas. O domingo 30 de novembro, ás 19:00 horas, o centro cultural de Bugallido (Ames) acollerá unha nova sesión dedicada integramente á recoñecida guionista Araceli Gonda, unha das voces máis destacadas do audiovisual galego contemporáneo.

Lunes, 24 de noviembre de 2025
A obra de teatro “Guerra” porá o broche de ouro a un Ames Cultural que encheu o outono de actividades

Este venres, 28 de novembro, a obra de teatro “Guerra”, da compañía galega Teatro do Noroeste, clausurará a programación do Ames Cultural. A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá desde as 20.30 horas unha peza de fervente actualidade, na que a escena xira arredor dunha guerra desatada no corazón de Europa e que mestura secuencias de caos e destrución, así como diversas referencias ás guerras no Teatro Europeo, dende Shakespeare ata Lorca. As entradas poden adquirirse a través da Billeteira electrónica.

Viernes, 21 de noviembre de 2025
A Asociación Centro Cultural Mahía reúne en Bugallido a Elena Ferro, Araceli Gonda e Cristina Pato no ciclo “Expertas de seu”

A Asociación Centro Cultural Mahía presenta este outono Expertas de seu, un ciclo de xornadas culturais que pon no foco o talento, a creatividade e a perspectiva das mulleres galegas que fan da arte e da cultura o seu xeito de estar no mundo. A iniciativa celebrarase os días 23 e 30 de novembro e 14 de decembro, ás 19:00 horas, no centro cultural de Bugallido, con entrada de balde ata completar a capacidade. Nesta actividade colaboran o Concello de Ames e maila Deputación da Coruña.

Lunes, 17 de noviembre de 2025
Ames acollerá unha nova edición da Mostra de Teatro Afeccionado do 5 ao 8 de decembro

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, volve a programar un ano máis a Mostra de Teatro Afeccionado. Deste xeito, o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá do 5 ao 8 de decembro un total de catro representacións teatrais a cargo de compañías de Ames, Brión, Muxía e Santa Comba. Os convites poden adquirirse na Billeteira electrónica. No caso de haber convites dispoñibles, tamén se poden coller o propio día do espectáculo. 

Lunes, 17 de noviembre de 2025
Cinema Miúdo pecha a oitava edición cun éxito histórico de público e un palmarés internacional

A oitava edición de Cinema Miúdo celebrouse do 13 ao 16 de novembro cun programa que combinou proxeccións internacionais, obradoiros creativos e actividades orientadas a reforzar a educación en valores a través do cinema. O festival presentou unha selección de nove bloques de curtametraxes procedentes de 21 países, incluíu sesións específicas para público escolar e abriu espazo para a reflexión mediante dúas propostas especiais baixo o título Cinema en Valores. Premendo nesta ligazón podes acceder á galería de imaxes do Festival Internacional de Cinema Infantil Cinema Miúdo.