Actualidad

Por ejemplo, 18-10-2026
Por ejemplo, 18-10-2026
Martes, 28 de abril de 2026
Chega unha nova edición do ciclo de monólogos de Ames

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, presentou esta mañá a terceira edición do ciclo de monólogos, que se celebrarán entre o 21 e o 24 de maio nas Casas da Cultura de Bertamiráns e O Milladoiro. Monologuistas como Leti da Taberna, Josito Porto ou Celso Fernández Sanmartín participarán nunhas xornadas nas que haberá interpretación en lingua de signos. As entradas xa están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Lunes, 27 de abril de 2026
Preto de 400 persoas desfrutaron da programación do Abril de Cine

O pasado xoves 23 de abril finalizou unha nova edición do ciclo Abril de Cine, unha iniciativa enmarcada dentro da programación deseñada polo departamento de Cultura do Concello de Ames e que ten como obxectivo achegar á veciñanza o cinema de actualidade. Este ano proxectáronse “Rondallas”, de Daniel Sánchez Arévalo; “Romería”, de Carla Simón e a aclamada “Sirât”, de Óliver Laxe. A estas tres sesións achegáronse un total de 376 persoas, superando, outro ano máis, as cifras da edición anterior.

Viernes, 24 de abril de 2026
O auditorio de Bertamiráns acolle este domingo o IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá este domingo, 26 de abril, a cuarta edición do Concurso de Canto e Percusión Tradicional, un certame organizado pola A.C. Retranqueiros e no que colabora o Concello de Ames, entre outras entidades. Participarán máis de 800 persoas repartidas en 70 grupos de 30 asociacións chegadas de diferentes puntos de dentro e fóra do país. A entrada para o evento é gratuíta e comezará a partir das 10.00 horas e continuará ao longo da tarde. Poderá visualizarse o concurso a través da canle de Youtube do Concello de Ames. A sesión de mañá poderá verse nesta ligazón, mentres que a sesión de tarde poderá visualizarse nesta outra ligazón.

Jueves, 23 de abril de 2026
O Concello realiza unha recepción ao talento amesá nos XXX Premios de Teatro María Casares

O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García,xunto a outros/as concelleiros e concelleiras do grupo de goberno e dos grupos municipais do Partido Popular e do BNG, realizáronlle este pasado mércores pola tarde unha recepción institucional aos actores, actrices e persoal das compañías que foron premiados/as e nominados/as nos XXX Premios de Teatro María Casares. A través de dito recibimento, realizado no salón de plenos da Casa do Concello, púxose en valor o talento e calidade artística amesá no eido cultural. En dito acto púxose de manifesto a necesidade de contar cun novo auditorio acorde ao tamaño e o crecemento que Ames experimentou nos últimos anos.

Miércoles, 22 de abril de 2026
O Ames Cultural pecha abril co espectáculo de circo “Variedades Pistacatro”

A programación do Ames Cultural continúa este venres, 24 de abril, co espectáculo circense “Variedades Pistacatro”, ás 20.30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Esta representación de Pistacatro Produtora de Soños forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames. As entradas están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Podes consultar a programación completa do Ames Cultural premendo nesta ligazón. 

Martes, 21 de abril de 2026
O filme “Sirât” pecha o ciclo Abril de Cine 2026

A programación cinematográfica Abril de Cine, unha iniciativa enmarcada dentro da programación deseñada polo departamento de Cultura do Concello de Ames e que ten a finalidade de achegar o cinema de actualidade á veciñanza amesá, chegará á súa fin esta semana coa proxección da aclamada película “Sirât” o vindeiro xoves 23, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

Jueves, 16 de abril de 2026
Volve o Ames Cultural coa representación de “Artur UI, o ovo da serpe”

A programación do Ames Cultural continúa este venres, 17 de abril, coa adaptación da obra de teatro de Bertolt Brecht “Artur UI, o ovo da serpe”, ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta representación de Talía Teatro forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames. As entradas están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Podes consultar a programación completa do Ames Cultural premendo nesta ligazón.

Martes, 14 de abril de 2026
Nova sesión do Abril de Cine co filme “Romería”

Esta semana celebrase a segunda sesión do ciclo Abril de Cine, unha iniciativa enmarcada dentro da programación deseñada polo departamento de Cultura do Concello de Ames e que ten a finalidade de achegar o cinema de actualidade á veciñanza amesá. Esta nova sesión terá lugar este xoves 16 de abril, ás 20.00 horas no auditorio do Milladoiro, coa proxección do filme “Romería”, da directora catalá Carla Simón. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

Jueves, 09 de abril de 2026
O Ames Cultural dá a benvida a abril co espectáculo de danza “Alén”

A programación do Ames Cultural continúa este venres, 10 de abril, co espectáculo de danza “Alén”, ás 20.30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Esta representación do Colectivo Glovo, e creada por Hugo Pires Pereira e Esther Latorre, forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames. As entradas están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Podes consultar a programación completa do Ames Cultural premendo nesta ligazón.

Domingo, 05 de abril de 2026
Aberto o prazo de solicitude de axudas en especie para asociacións e comisións de festas do Concello de Ames no 2026

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou o pasado 5 de marzo a convocatoria de subvencións para as axudas en especies para asociacións e comisións de festas no exercicio 2026. Para solicitar estas axudas, que suman unha contías de 24.000 euros, haberá dous prazos en función da data na que se celebren as festas para as que se soliciten. Premendo nesta ligazón pódese obter máis información sobre a convocatoria.