Actualidad

Por ejemplo, 08-09-2026
Por ejemplo, 08-09-2026
Jueves, 31 de julio de 2025
Arcea-Adames e Ronald Rojas serán os pregoeiros do Ames en Festas 2025 máis diverso e inclusivo

O ‘Ames en Festas 2025’ conta xa as horas para poñer comezo ás 10 xornadas de troula e música que se vivirán no Milladoiro, do venres 1 ao martes 5, coas súas festas da Madalena, e en Bertamiráns, do mércores 6 ao domingo 10 de agosto, coas da Peregrina. Este ano volverá a haber dous pregóns un inicial, no Milladoiro, que estará a cargo de catro mozos da asociación Arcea-Adames, e outro de peche en Bertamiráns, ofrecido por Ronald Rojas, migrante que reside en Bertamiráns dende hai varios anos. Coas escolla destes pregoeiros, desde as respectivas comisións de festas dos dous principais núcleos de Ames, buscouse representar e dar voz a dous colectivos que reflicten a diversidade e inclusión poboacional de Ames. 

Miércoles, 30 de julio de 2025
O Milladoiro prepárase para acoller este venres a XIV edición do Millarock máis inclusivo

Este venres, 1 de agosto, a localidade do Milladoiro acollerá un ano máis o festival Millarock, unha das citas máis esperadas na localidade amesá e que este ano chega á súa décimo cuarta edición. O evento, organizado polo departamento de Cultura do Concello de Ames en colaboración coa da Rede Cultural da Deputación da Coruña, ten como obxectivo promover o rock galego e impulsar a grupos emerxentes da contorna de Ames. Nesta cita musical actuarán os grupos Ruxe Ruxe, Battosai e Ulex. Ademais, por segundo ano consecutivo, o persoal da escola de rock “A Casa do Rock” encargarase dos concertos didácticos e de impartir obradoiros musicais coa proposta “Merenda Rock”. Como novidade, nesta edición búscase achegar o rock a todos os públicos e ofreceranse servizos para que as persoas con discapacidade tamén poidan gozar do festival. 

Lunes, 28 de julio de 2025
Apróbase o reparto de 54.500 euros en axudas para as asociacións culturais e comisións de festas de Ames

O Concello de Ames acaba de aprobar, a través de decreto de Alcaldía e na Xunta de Goberno Local do pasado 3 de xullo, a concesión das axudas relativas á promoción das actividades culturais e á organización de festexos tradicionais. Despois de resolver as solicitudes presentadas, o Goberno municipal aprobou o reparto de 29.997,05 euros entre quince asociacións culturais e de 24.500 euros entre sete asociacións e comisións de festas. A estas subvencións puideron optar todas as asociacións do concello que realizan actividades de índole cultural e festas tradicionais. As entidades beneficiarias destas axudas recibirán o 50% da axuda concedida de xeito anticipado.

Viernes, 25 de julio de 2025
Festa Infantil

O Concello de Ames colabora, no marco da programación do “Ames en Festas 2025”, na organización dunha festa infantil gratuíta para a rapazada, que se desenvolverá en dúas xornadas. Unha delas será o martes 5 de agosto, no derradeiro día das festas da Madalena, na área recreativa do Milladoiro (onda o paseo da Igualdade), mentres que a segunda xornada terá lugar o sábado 9, durante as festas da Peregrina, no parque do Ameneiral en Bertamiráns. 

Jueves, 17 de julio de 2025
Imaxe de Sabela Eiriz

A localidade de Bertamiráns acolleu este pasado mércores, 16 de xullo, a xornada inaugural do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”, organizado pola asociación IS.MO Cultura. Do 16 ao 20 e xullo desenvólvense diversas actividades arredor da danza e do movemento, co obxectivo de impulsar esta disciplina entre a veciñanza. Pola mañá realizouse un podcast en directo, conducido por Carlota Mosquera, e fíxose na praza da Maía o acto de apertura do festival coa representación de dúas pezas de danza breves a cargo de Andrea Castro e Martín Blanco. Pola tarde, desenvolveuse un foro sobre distribución nacional e internacional da danza de Galicia; un obradoiro de danza aberto; e un happening danza-clown. A programación da primeira xornada pechouse no Pazo da Peregrina cunha programación de catro espectáculos. Premendo nesta ligazón podes consultar a programación completa do Abanea 2025.

Jueves, 17 de julio de 2025
Imaxe de arquivo da pasada edición das "Noites en Vela"

A edición deste ano das “Noites en Vela”, prevista para este 19 de xullo, celebrarase finalmente para o vindeiro 30 de agosto debido ás condicións meteorolóxicas previstas para este sábado. A pesar do cambio de data, manteranse os horarios e servizos establecidos para a actividade, como o servizo autobús gratuíto para acudir á velada. Nas “Noites en Vela 2025” actuarán As Maianas e Caamaño & Ameixeiras. A actuación de Caamaño & Ameixeiras está subvencionada pola Xunta de Galicia dentro do programa Cultura no Camiño 2025. 

Miércoles, 16 de julio de 2025
O “Ames en festas 2025” encadeará un ano máis dez días seguidos de moita música e troula no Milladoiro e Bertamiráns

Por cuarto ano consecutivo o Concello de Ames, as comisións de festas da Madalena e da Peregrina e Xuventude Ames, colaboran para organizar 10 días de festexos no cartel “Ames en Festas 2025”, que encadea as festas da Madalena do Milladoiro, do venres 1 ao martes 5, e as festas da Peregrina de Bertamiráns, do mércores 6 ao domingo 10 de agosto. Estarán presentes en Ames as mellores orquestras de Galicia: Panorama, Olympus, Os Satélites, América de Vigo, Cinema, París de Noia, Metrópolis, Charleston e Compostela. En tódalas xornadas de verbena contarase con djs, coma Kike Varela ou Sergio Telmo, e disco móbiles.  Ademais, o parque do Ameneiral contará con varias actuacións musicais: Mondra, a celebración do Festival Emerxente e o Ameneiral Romaría Urbana. Así mesmo, continuando coa estela do ano pasado, volverá a haber dous pregóns, un no inicio das festas do Milladoiro, o sábado 2 de agosto, e outro no peche das festas de Bertamiráns o domingo día 10. 

Lunes, 14 de julio de 2025
Imaxe de arquivo da pasada edición do festival ABANEA no seu paso por Ames

Este mércores, 16 de xullo, o concello de Ames acollerá a xornada inaugural do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”, organizado pola asociación IS.MO Cultura. Do 16 ao 20 e xullo desenvolveranse diversas actividades arredor da danza e do movemento, co obxectivo de impulsar esta disciplina entre a veciñanza. O acto de apertura do festival será ás 13.30 hora na praza da Maía, en Bertamiráns. Haberá pezas de danza breves a cargo de Martín Blanco e Andrea Castro. Previamente, ás 12.30 horas farase un podcast en directo, conducido por Carlota Mosquera. Pola tarde, desenvolverase un foro sobre distribución nacional e internacional da danza de Galicia; un obradoiro de danza aberto; e un happening danza-clown. A programación en Ames pecharase ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina cunha programación de catro espectáculos. Premendo nesta ligazón podes consultar a programación completa do Abanea 2025.

Sábado, 12 de julio de 2025
Ortoño celebra este domingo, 13 de xullo, a XIX Festa do Chourizo ao Viño

Unha nova edición da festa do chourizo ao viño, organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño da parroquia de Ortoño, terá lugar este domingo 13 de xullo. Un ano máis realizarase a degustación de orella cocida e de chourizos ao viño con cachelos. O xantar estará amenizado pola música da banda de gaitas e de baile rexional Os Castros e pola tarde contarase coa actuación de Eva e Camilo e do Dúo Rosán. Ademais, realizarase o XVIII campionato de chave por parellas e haberá un taller de bordado a cargo de Xenuína. A xornada rematará coa actuación do grupo A Banda da Loba, financiada polo Concello de Ames. Haberá carpa e inchables gratuítos para os nenos e nenas por cortesía de Tikolandia. 

Viernes, 11 de julio de 2025
Ortoño viaxou á época do Xabarín Club na segunda xornada dos Seráns de Ames

Este xoves, o campo da festa de Ortoño acolleu a segunda xornada do programa “Seráns de Ames”, unha iniciativa que se desenvolve durante seis xoves dos meses de xullo e agosto e que traerá ao rural amesán diferentes actividades culturais. Nesta segunda proposta do programa, os veciños e veciñas que se achegaron ata Ortoño puideron viaxar ata os anos 80 e 90 rememorando a época do Xabarín Club.