Solapas principales

Ames acolleu a xornada inaugural do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea” 2025

Jueves, 17 de julio de 2025

A localidade de Bertamiráns acolleu este pasado mércores, 16 de xullo, a xornada inaugural do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”, organizado pola asociación IS.MO Cultura. Do 16 ao 20 e xullo desenvólvense diversas actividades arredor da danza e do movemento, co obxectivo de impulsar esta disciplina entre a veciñanza. Pola mañá realizouse un podcast en directo, conducido por Carlota Mosquera, e fíxose na praza da Maía o acto de apertura do festival coa representación de dúas pezas de danza breves a cargo de Andrea Castro e Martín Blanco. Pola tarde, desenvolveuse un foro sobre distribución nacional e internacional da danza de Galicia; un obradoiro de danza aberto; e un happening danza-clown. A programación da primeira xornada pechouse no Pazo da Peregrina cunha programación de catro espectáculos. Premendo nesta ligazón podes consultar a programación completa do Abanea 2025.

Por segundo ano consecutivo o concello de Ames foi unha das sedes da cuarta edición do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”, que se celebra do 16 ao 20 de xullo en diversas localidades galegas. Trátase dun programa de danza contemporánea de distintos estilos que distribúe 15 funcións de nove compañías entre os concellos de Ames, Outes, Marín, Foz e Celanova co apoio da Xunta de Galicia. ISMO Cultura, colectivo organizador do encontro, estende así a súa actividade de exhibición e dinamización ás catro provincias grazas ao convenio asinado coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Creado no ano 2022, trátase dun programa de exhibición de danza en vivo que no 2023 ampliou a súa celebración en localidades das catro provincias galegas. Ames xa acolleu en 2024 unha das xornadas do Abanea; e este ano acolleu a xornada inaugural do festival, para despois pasar por Outes, Marín, Foz e Celanova. Ao longo de cinco xornada desenvólvense diversas actividades arredor da danza e do movemento, co obxectivo de impulsar esta disciplina entre a veciñanza.

O Festival Abanea arrancou esta cuarta edición este pasado mércores 16 de xullo en Ames. Pola mañá, fíxose un podcast en directo con Carlota Mosquera. Tratouse dun espazo para coñecer, compartir e achegar a danza desde outras voces a través da Canle Abanea. De seguido, na praza da Maía realizouse o acto de apertura do festival coa representación de dúas pezas de danza breves a cargo de Andrea Castro e Martín Blanco.

Foro sobre distribución nacional e internacional da danza de Galicia
Unha das actividades máis destacadas deste festival foi o foro sobre distribución nacional e internacional da danza de Galicia, que se desenvolveu onte pola tarde no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Tratouse dunha xornada coordinada pola Federación Estatal de Compañías e Empresas de Danza (FECED), coa participación de Dance from Spain, compañías e profesionais, persoas dedicadas á programación e xestión do sector, co obxectivo de crear un espazo de diálogo, aprendizaxe compartida e reflexión sobre a proxección e circulación da danza de produción galega no contexto estatal e internacional. 

Participaron María González, Raquel Madrid e Alicia Cano (FECED), que falaron das estratexias e alianzas para internacionalizar a danza creada en España; Pilar Portela (AGADIC) e Hugo Guilherme Pires (Colectivo Glovo), participaron na mesa “Foco Galicia Danza na Quinzena de Dança de Almada”; Enva Nunes (Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa) abordou o contexto europeo: redes, circulación e oportunidades para a danza; e Xosé Paulo Rodríguez (Teatro Rosalía / La Red) falou sobre os programas de exhibición e internacionalización da Red Española de Teatros.

Obradoiro de danza e happening danza - clown
Ademais, en horario de tarde houbo dúas actividades máis. Nos xardíns do Pazo da Peregrina impartiuse un obradoiro de danza aberto, que estivo dirixido por Paula Quintas e impartido por varios profesionais da danza. Estes obradoiros de danza abertos á veciñanza son unha proposta participativa de Abanea que convida a persoas de todas as idades a compartir o movemento nun contexto colectivo, lúdico e accesible. Sen necesidade de experiencia previa, estas sesións en espazo público buscan crear un encontro entre veciñanza, artistas e contorna, poñendo o foco na expresión corporal, na relación co territorio e no gozo compartido.

Por outra banda, houbo un happening danza – clown, dirixido por Marta Alonso, e interpretado por Martín Blanco (Cía SÖA). Tratouse dunha proposta de intervención artística en espazos públicos que mesturou danza, clown e interacción directa co público. A través dunha personaxe performativa de axitador-entretedor, o artista Martín Blanco percorreu diferentes espazos de Bertamiráns para provocar encontros inesperados coa danza. Cun ton lúdico e espontáneo, estas accións buscan captar a atención das persoas que se atopan no espazo e convidalas a participar nun xogo escénico que remata cunha breve peza ou dinámica colectiva. É un xeito creativo de visibilizar o festival, adaptado aos contextos específicos de cada sede.

Peche coa programación de espectáculos
A programación en Ames pechouse no Pazo da Peregrina cunha programación de catro espectáculos coa exhibición nos xardíns do Pazo da Peregrina das pezas Alleo, de Colectivo Glovo (Galicia-Portugal); Burnt, da compañía Lasala (Euskadi); e a estrea de A mona de seda, creada por María de Vicente dentro do apoio bienal do festival da edición de 2024-2025. Tamén houbo un espazo dinamizado para a danza comunitaria coa participación especial en directo de Señora DJ. Con esta festa rematou a xornada de Abanea en Ames.

Novas relacionadas: 

Diario de Santiago: "Ames acolleu a xornada inaugural do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea” 2025"

Imaxe de Sabela Eiriz

Multimedia

  • Ames acolleu a xornada inaugural do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea” 2025

  • Imaxe de Sabela Eiriz