Pestanas principais

Rexistro municipal

    • Oficinas de Asistencia en Materia de Rexistro (OAMR) do Concello de Ames:
      • Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro de Bertamiráns – Rexistro SIR
      • Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro do Milladoiro – Rexistro SIR
      • Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro: Rexistro específico Urbanismo
    • Instancia Xeral do Concello de Ames
Outros Datos: 

Nestas oficinas recollerase, de xeito presencial, a documentación en formato papel dirixida polas personas físicas a este Concello, dixitalizándoa e transformandoa a documento electrónico.

Presentarase documentación de xeito presencial en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administraciones públicas, en adiante LPA (BOE nº 236, do 02/10/2015).

Se algúns dos suxetos obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións Públicas para a realización de calquer trámite dun procedemento administrativo (artigo 14.2 y 14.3 da Lei 39, do 1 de outubro, do LPA) acude ao rexistro de xeito presencial (OAMR), poderán ser requeridos para subsanación a través da súa presentación electrónica (art. 68.4 LPA), e neste caso, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que realizara a subsanación, de modo que a solicitude presencial produce efectos dende a subsanación e non dende a da súa presentación presencial.

Tamén ponse a disposición da cidadanía o resistro telemático municipal (Sede electrónica) para a presentación, a través da Internet, de solicitudes, escritos e comunicacións.

O Sistema de Interconexión de Rexistros ou SIR é un sistema informático que permite o intercambio de asentos electrónicos de rexistro entre as Administracións Públicas de forma segura e de acordo coa normativa vixente.

Grazas a este sistema, cando a cidadanía presenta algunha solicitude, escrito ou comunicación dirixida a outro órgano, organismo público ou Administración Pública dita documentación enviarase en formato electrónico a calquera OAMR que tamén o teña implantado, independentemente da súa ubicación xeográfica.

En ningún caso, nestas oficinas, presentaranse escritos anónimos.

Os días 24 y 31 de decembro, ainda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipales a excepción da Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro de Bertamirans situada na Casa do Concello.

Relación de Oficinas en Materia de Rexistro (OAMR):

  • Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro de Bertamiráns – Rexistro SIR
    • Concello de Ames (SIR)- Código DIR3: L01150026
    • Enderezo: Praza do Concello, número 2, planta baixa, 15220. Bertamiráns - Ortoño.
    • Horario: de luns a venres (excepto festivos), de 09:00 a 14:00 horas.
    • Horario especial de verán: do 15/06 ao 15/09 (excepto festivos), de 8:30 a 13:30 horas.
    • Atención: presencial.
    • Servizos: permite rexistrar todo tipo de documentos dirixidos aos departamentos deste Concello a excepción de trámites urbanísticos. Está facultada para recoller escritos dirixidos a calquera órgano administrativo, xa sexa da Administración Xeral do Estado, Administración Autonómica ou Administración Local: Registro SIR.
    • Teléfonos: 881074710 / 881074712 / 881074708.
  • Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro do Milladoiro – Rexistro SIR
    • Enderezo: Rúa de Agro do Medio, número 8A. 15895. O Milladoiro - Biduído.
    • Horario: de luns a venres (excepto festivos), de 09:00 a 14:00 horas.
    • Horario especial de verán: do 15/06 ao 15/09 (excepto festivos), de 8:30 a 13:30 horas.
    • Atención: presencial.
    • Servizos: permite rexistrar todo tipo de documentos dirixidos aos departamentos deste Concello a excepción de trámites urbanísticos. Está facultada para recoller escritos dirixidos a calquera órgano administrativo, xa sexa da Administración Xeral do Estado, Administración Autonómica ou Administración Local: Rexistro SIR.
    • Teléfono: 881035297
  • Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro: Rexistro específico Urbanismo
    • Enderezo: Rúa Alcalde Lorenzo, número 2, planta primeira. 15220. Bertamiráns - Ortoño.
    • Horario: de luns a venres (excepto festivos), de 09:00 a 14:00 horas.
    • Horario especial de verán: o período comprendido entre o 15/06 al 15/09 poderán ter horario especial, polo que se informará ao respecto dende o propio departamento.
    • Atención: presencial.
    • Servizos: recollerase documentación únicamente de carácter urbanístico.
    • Teléfono: 981379036

Novas do departamento

228 persoas solicitaron permiso para facer a cacharela esta noite de San Xoán en Ames. O lume arderá só en terreos e fincas particulares. A pandemia da Covid-19 limita este ano a realización das fogueiras e sardiñadas ao ámbito privado. As fogueiras deberán estar debidamente separadas de vivendas, árbores, tendidos eléctricos e vehículos. Ademais, as persoas responsables de cada lumieira deberán vixiar o lume até a total extinción do mesmo e ter a man os teléfonos da Policía Local, Protección Civil e Emerxencias. Co gallo de priorizar a seguridade e a protección da saúde pública, recoméndase asemade que as xuntanzas non superen as 25 persoas. O Concello insiste na necesidade de respectar a distancia interpersoal de metro e medio e no uso das máscaras cando non se cumpra esta medida.

O Concello de Ames abre o prazo para solicitar permiso para realizar cacharelas na noite de San Xoán. Este ano, debido á propagación da pandemia da Covid-19, non están permitidas as cacharelas ou sardiñadas en terreos públicos, e soamente será posible realizar cacharelas en terreos privados. O prazo para solicitar permiso está aberto ata ás 14:00 horas do luns 22 de xuño.

O Concello de Ames dispón de dúas Oficinas de Asistencia en Materia de Rexistro (OAMR), unha no Milladoiro e outra en Bertamiráns, nas que se pode rexistrar todo tipo de documentos dirixidos aos departamentos deste Concello a excepción de trámites urbanísticos. Está facultada para recoller escritos dirixidos a calquera órgano administrativo, xa sexa da Administración Xeral do Estado, Administración Autonómica ou Administración Local: Rexistro SIR. Ademais, existe unha terceira Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro nas oficinas de Urbanismo na que se recolle documentación unicamente de carácter urbanístico.

O concello de Ames continúa medrando pese á crise demográfica que afecta á maioría dos municipios galegos, rexistrando ata mediados deste ano 146 nacementos e situándose a súa poboación actualmente nos 32.337 habitantes, tendo en conta os datos provisionais que manexa o Concello a través do padrón municipal. Segundo os datos oficiais do Instituto Nacional de Estadística (INE), Ames contaba a 1 de xaneiro de 2019 cun total de 31.793 habitantes (15.236 homes e 16.557 mulleres), o que supón que se sumou case 544 habitantes máis. Fronte á baixada de poboación rexistrada en Galicia que amosan os datos do INE, Ames mantén a tendencia das últimas dúas décadas e segue medrando e sumando habitantes ano a ano.