- Oficinas de Asistencia en Materia de Rexistro (OAMR) do Concello de Ames:
- Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro de Bertamiráns – Rexistro SIR
- Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro do Milladoiro – Rexistro SIR
- Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro: Rexistro específico Urbanismo
- Solicitude de cita previa
- Instancia Xeral do Concello de Ames
Nestas oficinas recollerase, de xeito presencial, a documentación en formato papel dirixida polas personas físicas a este Concello, dixitalizándoa e transformandoa a documento electrónico.
Presentarase documentación de xeito presencial en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administraciones públicas, en adiante LPA (BOE nº 236, do 02/10/2015).
Se algúns dos suxetos obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións Públicas para a realización de calquer trámite dun procedemento administrativo (artigo 14.2 y 14.3 da Lei 39, do 1 de outubro, do LPA) acude ao rexistro de xeito presencial (OAMR), poderán ser requeridos para subsanación a través da súa presentación electrónica (art. 68.4 LPA), e neste caso, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que realizara a subsanación, de modo que a solicitude presencial produce efectos dende a subsanación e non dende a da súa presentación presencial.
Tamén ponse a disposición da cidadanía o resistro telemático municipal (Sede electrónica) para a presentación, a través da Internet, de solicitudes, escritos e comunicacións.
O Sistema de Interconexión de Rexistros ou SIR é un sistema informático que permite o intercambio de asentos electrónicos de rexistro entre as Administracións Públicas de forma segura e de acordo coa normativa vixente.
Grazas a este sistema, cando a cidadanía presenta algunha solicitude, escrito ou comunicación dirixida a outro órgano, organismo público ou Administración Pública dita documentación enviarase en formato electrónico a calquera OAMR que tamén o teña implantado, independentemente da súa ubicación xeográfica.
En ningún caso, nestas oficinas, presentaranse escritos anónimos.
Os días 24 y 31 de decembro, ainda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipales a excepción da Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro de Bertamirans situada na Casa do Concello.
Relación de Oficinas en Materia de Rexistro (OAMR):
- Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro de Bertamiráns – Rexistro SIR
- Concello de Ames (SIR)- Código DIR3: L01150026
- Enderezo: Praza do Concello, número 2, planta baixa, 15220. Bertamiráns - Ortoño.
- Horario: de luns a venres (excepto festivos), de 09:00 a 14:00 horas.
- Horario especial de verán: do 15/06 ao 15/09 (excepto festivos), de 8:30 a 13:30 horas.
- Atención: presencial.
- Servizos: permite rexistrar todo tipo de documentos dirixidos aos departamentos deste Concello a excepción de trámites urbanísticos. Está facultada para recoller escritos dirixidos a calquera órgano administrativo, xa sexa da Administración Xeral do Estado, Administración Autonómica ou Administración Local: Registro SIR.
- Teléfonos: 881074710 / 881074712 / 881074708.
- Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro do Milladoiro – Rexistro SIR
- Enderezo: Rúa de Agro do Medio, número 8A. 15895. O Milladoiro - Biduído.
- Horario: de luns a venres (excepto festivos), de 09:00 a 14:00 horas.
- Horario especial de verán: do 15/06 ao 15/09 (excepto festivos), de 8:30 a 13:30 horas.
- Atención: presencial.
- Servizos: permite rexistrar todo tipo de documentos dirixidos aos departamentos deste Concello a excepción de trámites urbanísticos. Está facultada para recoller escritos dirixidos a calquera órgano administrativo, xa sexa da Administración Xeral do Estado, Administración Autonómica ou Administración Local: Rexistro SIR.
- Teléfono: 881035297
- Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro: Rexistro específico Urbanismo
- Enderezo: Rúa Alcalde Lorenzo, número 2, planta primeira. 15220. Bertamiráns - Ortoño.
- Horario: de luns a venres (excepto festivos), de 09:00 a 14:00 horas.
- Horario especial de verán: o período comprendido entre o 15/06 al 15/09 poderán ter horario especial, polo que se informará ao respecto dende o propio departamento.
- Atención: presencial.
- Servizos: recollerase documentación únicamente de carácter urbanístico.
- Teléfono: 981379036
- Responsable municipal: Concellaría de Administración Xeral
- Rexistro electrónico: