- Enderezo: Avenida da Peregrina, 28. Bertamiráns. 15220. Ames
- Teléfono: 682 497 369
- Horario de atención ao público:
- Dirección Pedagoxica : De luns a venres de 9:00 a 14:00 h
- Administración: Martes,xoves e venres de 9:00 a 14:00 h
- Responsable municipal: Concellaría de Educación
- Responsable técnico: Mª Emilia Seara Fernández, Directora Pedagóxica
- Estrutura do servizo
- Horario da escola:
- A Escola Infantil Municipal “O Bosque” prestará os seus servizos, de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos, de luns a venres en horario de 7.30 da mañá a 20.15 da tarde. O horario de peche da Escola, previo informe da Dirección, e unha vez revisados os horarios que os/as usuarios/as estableceron nas matrículas, reducirase cando a ratio dos nenos/as no centro sexa inferior a un 5 % da matricula no curso correspondente. Nos meses de verán a Escola prestará servizos de luns a venres en horario de:
- Xullo, de 7.30 a 18.00 (ou inferior segundo as demandas dos/as usuarios/as).
- Agosto, de 7.30 a 18.00 (u inferior segundo as demandas dos/as usuarios/as).O tempo máximo de permanencia na Escola Infantil Municipal será de oito horas, agás casos excepcionais que serán debidamente xustificados, polos cales se incrementará o importe segundo o establecido na ordenanza fiscal correspondente.
- Funcións:
- Estimular o desenvolvemento de todas as capacidades humanas (físicas, afectivas, intelectuais e sociais) do neno/a, nos seus primeiros anos de vida sen esquecer a parte asistencial establecida para este tramo de idade.
- Desenvolver
- O movemento e o control corporal
- As primeiras manifestacións de comunicación e linguaxe
- As primeiras pautas elementais de convivencia e relación social
- Descubrimento do contorno inmediato
- Colaborar coas familias compartindo e completando a función educativa.
- Normativa. A EIM O Bosque rexerase pola seguinte normativa:
- Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia
- Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia
- Regulamento de réxime interior da EEI O Bosque
- Corrección de erros no texto da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo das escolas infantís municipais do Concello de Ames (BOP do 5 de xullo de 2024)
- Documentos