Pestanas principais

Escola Infantil municipal O Bosque

    • Enderezo: Avenida da Peregrina, 28. Bertamiráns. 15220. Ames
    • Teléfono: 682 497 369
    • Horario de atención ao público:
      • Dirección Pedagoxica : De luns a venres de  9:00 a 14:00 h
      • Administración: Martes,xoves e venres  de  9:00 a 14:00 h
    • Responsable municipal: Concellaría de Educación
    • Responsable técnico: Mª Emilia Seara Fernández, Directora Pedagóxica
    • Estrutura do servizo
Outros Datos: 
  • Horario da escola:
    • A Escola Infantil Municipal “O Bosque” prestará os seus servizos, de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos, de luns a venres en horario de 7.30 da mañá a 20.15 da tarde. O horario de peche da Escola, previo informe da Dirección, e unha vez revisados os horarios que os/as usuarios/as estableceron nas matrículas, reducirase cando a ratio dos nenos/as no centro sexa inferior a un 5 % da matricula no curso correspondente. Nos meses de verán a Escola prestará servizos de luns a venres en horario de:
      • Xullo, de 7.30 a 18.00 (ou inferior segundo as demandas dos/as usuarios/as).
      • Agosto, de 7.30 a 18.00 (u inferior segundo as demandas dos/as usuarios/as).O tempo máximo de permanencia na Escola Infantil Municipal será de oito horas, agás casos excepcionais que serán debidamente xustificados, polos cales se incrementará o importe segundo o establecido na ordenanza fiscal correspondente.
  • Funcións:
    • Estimular o desenvolvemento de todas as capacidades humanas (físicas,  afectivas, intelectuais e sociais)  do neno/a, nos seus primeiros anos de vida sen esquecer a parte asistencial establecida para este tramo de idade.
    • Desenvolver 
      • O movemento e o control corporal
      • As primeiras manifestacións de comunicación e linguaxe
      • As primeiras pautas elementais de convivencia e relación  social
      • Descubrimento do contorno inmediato
    • Colaborar coas familias compartindo e completando a función educativa.
  • Normativa. A EIM O Bosque rexerase pola seguinte normativa:

Novas do departamento

Coincidindo coa celebración do Día da Música, a Escola infantil municipal O Bosque converteu novembro no mes máis musical do ano con diversas actividades. Desta volta, os pequenos e pequenas da escola escoitaron cancións de distintos xéneros, contos cantados, fixeron manualidades e asistiron a actuacións musicais de parte dos seus familiares e profesores.

Os nenos e nenas da escola infantil municipal O Bosque están a adicar este mes a estudar os distintos oficios. Para ver como se desenvolven algunhas das profesións que trataron nas aulas, a pasada semana visitaron unha granxa na Escravitude onde os gandeiros lles explicaron en que consiste o traballo que desenvolven na explotación.

As nenas e nenos da escola infantil municipal do Bosque, situada en Bertamiráns, foron partícipes da celebración do Día da Paz, que se conmemora o 30 de xaneiro. Este ano, o profesorado debuxou un globo aerostático, que colocaron na entrada, no que as familias pegaron frases relacionada relacionadas coa Paz.

A cativada da escola infantil municipal O Bosque, situada en Bertamiráns, achegouse hoxe á Casa dos Maiores para pasar unha xornada en compañía dos seus usuarios. Alí participaron con eles nunha clase de ximnasia e, posteriormente, merendaron todos xuntos cunhas galletas elaboradas polos propios alumnos e alumnas.