Actualidade

Ex., 24-07-2026
Ex., 24-07-2026
Martes, 04 de decembro de 2018

[04-12-2018] Este luns, 3 de decembro, o goberno municipal realizou unha presentación pública dos proxectos de anfiteatros para O Milladoiro e Bertamiráns, incluídos dentro dos Orzamentos Participativos para a mocidade 2018. Estes proxectos foron elixidos pola mocidade amesá para executarse cunha partida de 50.000 euros, incluída nos Orzamentos Participativos. Estes espazos, que se poderán dedicar a organizar festas, teatro e cine ao aire libre, executaranse na avenida do Muíño Vello, no Milladoiro, e no lugar de Lapido, preto de Bertamiráns.

Martes, 04 de decembro de 2018

[04-12-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co resultado da baremación do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de administrativo do Concello de Ames, e a data fixada para a realización do exame de galego deste proceso, que se realizará o vindeiro 10 de decembro de 2018. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito anuncio.

Martes, 04 de decembro de 2018

[04-12-2018] Un total de 38 mozos e mozas participaron nos cursos de primeiros auxilios e dinamización de eventos infantís, organizados pola Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ames. Trala formación, o alumnado valorou de maneira moi positiva a formación recibida en ambas as dúas actividades. Asemade, a OMIX organizou, para decembro, outros dous obradoiros de oito horas de duración dirixidos a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos. Nesta ocasión, ambos se engloban no ciclo “Máis que 2.0”, ao abeiro do programa de accións formativas Lidera.

Martes, 04 de decembro de 2018

[04-12-2018] A Aula de Informática do Milladoiro informa de que aínda quedan prazas dispoñibles para o obradoiro “Un conto de Nadal: elaboración de presentacións con Impress”, que se desenvolverá os días 26, 27 e 28 de decembro, en horario de 11:00h a 12:30 horas. Esta actividade está dirixida a nenas e nenos de 9 a 12 anos. As inscrición poderanse facer en horario de Aula Aberta, de luns a xoves de 16:00h a 20:00 horas, e os venres de 9:30h a 13:30 horas; ou enviando un correo electrónico ao enderezo informatica.milladoiro@concellodeames.gal, no que deberá enviarse cuberta e asinada a solicitude de inscrición que se pode obter premendo a túa dereita, baixo o apartado de descargas. Calquera persoa que desexe máis información pode obtela directamente na Aula de Informática da Casa da Cultura do Milladoiro, enviando un correo ao anterior enderezo ou chamando ao teléfono 981 535 940.

Martes, 04 de decembro de 2018

[04-12-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o decreto de aprobación da lista provisional de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a selección de contratación de dous técnicos de inserción/prospección de empresas para o programa INSERAMES-BRIÓN XI. O prazo de subsanación da documentación dos aspirantes excluídos remata o vindeiro 11 de decembro de 2018. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito decreto.

Martes, 04 de decembro de 2018

[04-12-2018] O Concello de Ames informa que en conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (LPAC), e co obxectivo de contar coa participación da cidadanía no procedemento de elaboración da ordenanza municipal de Convivencia Cidadá procedese a efectuar, en cumprimento de decreto da Alcaldía 2744/2018, unha consulta pública a través da web municipal, co fin de recadar a opinión das persoas e das organizacións mais representativas, potencialmente afectados pola ordenanza que se pretende aprobar. Hai un prazo para elo de 20 días hábiles a contar dende o 5 de decembro de 2018 e ata o día 7 de xaneiro de 2019, ambos inclusive. A forma de participación é a través da dirección electrónica ana.ameijeiras@concellodeames.gal. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio de dita consulta pública.

Martes, 04 de decembro de 2018

[04-12-2018] O Concello de Ames informa que en conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (LPAC), e co obxectivo de contar coa participación da cidadanía no procedemento de elaboración do Regulamento municipal para o programa Xantar na Casa procedese a efectuar, en cumprimento de decreto da Alcaldía 2742/2018, unha consulta pública a través da web municipal, co fin de recadar a opinión das persoas e das organizacións mais representativas, potencialmente afectados pola normativa que se pretende aprobar. Hai un prazo para elo de 20 días hábiles a contar dende o 5 de decembro de 2018 e ata o día 7 de xaneiro de 2019, ambos inclusive. A forma de participación é a través da dirección electrónica ana.ameijeiras@concellodeames.gal. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio de dita consulta pública.

Martes, 04 de decembro de 2018

[04-12-2018] O Concello de Ames informa que en conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (LPAC), e co obxectivo de contar coa participación da cidadanía no procedemento de elaboración da ordenanza municipal para o benestar animal procedese a efectuar, en cumprimento de decreto da Alcaldía 2725/2018, unha consulta pública a través da web municipal, co fin de recadar a opinión das persoas e das organizacións mais representativas, potencialmente afectados pola ordenanza que se pretende aprobar. Hai un prazo para elo de 20 días hábiles a contar dende o 5 de decembro de 2018 e ata o día 7 de xaneiro de 2019, ambos inclusive. A forma de participación é a través da dirección electrónica ana.ameijeiras@concellodeames.gal. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio de dita consulta pública.

Martes, 04 de decembro de 2018

[04-12-2018] O pasado xoves, 29 de novembro, tivo lugar unha xuntanza de toma de contacto para iniciar a negociación dos Orzamentos Municipais de 2019 para o Concello de Ames. Na reunión participaron os voceiros/as das 3 formacións que conforman o goberno de Ames: Blas García (PSdeG), Genma Otero (Contigo Pódese) e David Santomil (BNG) que actúan en nome do goberno, e o voceiro da formación Ames Novo, Quique Costas e máis Carmen Calviño, concelleira desta mesma formación.

Luns, 03 de decembro de 2018

[03-12-2018] A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames, en sesión celebrada o día 15 de novembro de 2018, acordou abrir un novo trámite de información pública do Plan Parcial do sector de solo urbanizable “S-07 - VENTURIÑA” do PXOM de Ames”. De conformidade co establecido no artigo 75.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir da derradeira publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión da provincia e na sede electrónica/páxina web deste Concello. Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado/a no departamento de urbanismo, situado na rúa Alcalde Lorenzo, nº 2, 1º, Bertamiráns, en horario de 9.00 h a 14.00 horas, e formular as alegacións que se consideren oportunas. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os documentos de dito Plan Parcial.