Pestanas principais

Anuncio co resultado da fase de concurso do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de administrativo e a data fixada para o exame de galego

Martes, 04 de decembro de 2018

[04-12-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co resultado da baremación do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de administrativo do Concello de Ames, e a data fixada para a realización do exame de galego deste proceso, que se realizará o vindeiro 10 de decembro de 2018. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito anuncio.