[04-12-2018] O Concello de Ames informa que en conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (LPAC), e co obxectivo de contar coa participación da cidadanía no procedemento de elaboración do Regulamento municipal para o programa Xantar na Casa procedese a efectuar, en cumprimento de decreto da Alcaldía 2742/2018, unha consulta pública a través da web municipal, co fin de recadar a opinión das persoas e das organizacións mais representativas, potencialmente afectados pola normativa que se pretende aprobar. Hai un prazo para elo de 20 días hábiles a contar dende o 5 de decembro de 2018 e ata o día 7 de xaneiro de 2019, ambos inclusive. A forma de participación é a través da dirección electrónica ana.ameijeiras@concellodeames.gal. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio de dita consulta pública.