Axenda

Ex., 02-10-2026
Sábado, 24 de outubro de 2026

Cada paso conta. Cada persoa importa. Con este lema organízase a I Marcha de Prevención do Dano Cerebral, unha andaina popular e solidaria que percorrerá 4,9 quilómetros  dende o Centro Multifuncional do Milladoiro, na rúa O Muíño Vello, ata a sede da Asociación de Dano Cerebral Compostela, situada na zona do Castiñeiriño-Restollal. Esta iniciativa realizarase o sábado, 24 de outubro de 2026, desde as 10:00 horas. As inscricións pódense facer premendo nesta ligazón.

Xoves, 29 de outubro de 2026

O programa SaúdeAndo 2026-2027 comezará o día 1 de outubro con 33 novas andainas que sairán dos centros de saúde do Milladoiro e Bertamiráns. Estas andainas, organizadas pola Concellaría de Promoción da Saúde, organízanse cada xoves de semanas alternas ao longo de todo o curso, ata o mes de xuño, nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Son rutas de dificultade media-baixa e que contan cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media. 

Venres, 30 de outubro de 2026

Nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro as familias poderán gozar dun feixe de actividades lúdicas e participativas que lles achegarán recursos para unha crianza positiva, natural e creativa. Neste programa inclúense propostas do departamento de Normalización Lingüística e dos departamentos de Cultura e Bibliotecas. O programa comezou o mércores, 2 de setembro, na Carballeira dos Trasnos de Ventín, coas “Brincadeiras miúdas”, de Miudiño e Cé Orquestra Pantasma.

Sábado, 31 de outubro de 2026

Ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro organizarán diferentes actividades para poñer en valor o entorno natural de Ames e relacionadas con produtos e costumes propias desta época do ano. Deste xeito, haberá saídas para recoller cogomelos, obradoiros de cociña de outono, xornadas de recollida de lixo no rego do Ameneiral e no monte, unha ruta ambiental, un obradoiro de cosmética natural e maila sexta edición da feira do monte Tanto Monte, Monte Tanto. Para inscribirse nestas actividades hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

Domingo, 01 de novembro de 2026

Xoves, 05 de novembro de 2026

O outono chega cunha ampla programación cultural a Ames, dirixida para todos os públicos. Ao longo dos vindeiros meses de outubro, novembro e decembro, a veciñanza poderá gozar de diferentes propostas de teatro, danza, cine ou música que se desenvolverán nas localidades de Bertamiráns e no Milladoiro.  

Xoves, 05 de novembro de 2026

O programa SaúdeAndo 2026-2027 comezará o día 1 de outubro con 33 novas andainas que sairán dos centros de saúde do Milladoiro e Bertamiráns. Estas andainas, organizadas pola Concellaría de Promoción da Saúde, organízanse cada xoves de semanas alternas ao longo de todo o curso, ata o mes de xuño, nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Son rutas de dificultade media-baixa e que contan cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media. 

Venres, 06 de novembro de 2026

Nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro as familias poderán gozar dun feixe de actividades lúdicas e participativas que lles achegarán recursos para unha crianza positiva, natural e creativa. Neste programa inclúense propostas do departamento de Normalización Lingüística e dos departamentos de Cultura e Bibliotecas. O programa comezou o mércores, 2 de setembro, na Carballeira dos Trasnos de Ventín, coas “Brincadeiras miúdas”, de Miudiño e Cé Orquestra Pantasma.

Venres, 06 de novembro de 2026

O outono chega cunha ampla programación cultural a Ames, dirixida para todos os públicos. Ao longo dos vindeiros meses de outubro, novembro e decembro, a veciñanza poderá gozar de diferentes propostas de teatro, danza, cine ou música que se desenvolverán nas localidades de Bertamiráns e no Milladoiro.  

Sábado, 07 de novembro de 2026