Pestanas principais

>Iseo, a Moura

Venres, 6 novembro, 2026
Ás 18.00 horas

Nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro as familias poderán gozar dun feixe de actividades lúdicas e participativas que lles achegarán recursos para unha crianza positiva, natural e creativa. Neste programa inclúense propostas do departamento de Normalización Lingüística e dos departamentos de Cultura e Bibliotecas. O programa comezou o mércores, 2 de setembro, na Carballeira dos Trasnos de Ventín, coas “Brincadeiras miúdas”, de Miudiño e Cé Orquestra Pantasma.

Deste xeito, o programa inclúe a artistas e compañías como Paco Nogueiras, Migallas Teatro, Cris de Caldas, Miguel Froján, Raquel Queizás, Brais das Hortas, Iseo a Moura, Fundación Legar, A Cova das Letras, Sonsoles Penadique, Chechu Riquelme e A Banda da Montaña. Todos e todas elas ofreceranlles ás familias moitas risas, música, baile e moitas aprendizaxes e experiencias novas a través dunha crianza positiva en galego.

O mes de novembro inaugúrase con Iseo, a Moura, de Mumáxica S.L. Esta é unha naración oral con música orixinal, cancións con retrousos pegañentos, coreografías participativas e moita retranca. Unha actividade para achegar a mitoloxía galega á cativad dun xeito fresco, visual e cheo de maxia. Iseo, a Moura, un ser tan máxico como trapalleiro, precisará da axuda do público para lidar con xigantes, nebueiras e outras criaturas incribles.