Avisos
Venres, 18 agosto, 2023
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Luns, 14 agosto, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai públicas as segundas e terceiras actas dos Tribunais, onde se propón o nomeamento de varios candidatos/as que participan nos procesos selectivos para a selección de diversas prazas incluídas dento do proceso de estabilización de emprego temporal da oferta de emprego público de 2022. Ademais, resólvense as alegacións dos distintos candidatos.
Venres, 11 agosto, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público os anuncios do Tribunal dos procesos de estabilización que tiveron probas do Celga. Nestes anuncios, o Tribunal resolve as probas realizadas e publica a baremación provisional dos/as candidatos/as outorgándolle un prazo de reclamacións de 5 días hábiles.
Venres, 11 agosto, 2023
Na Xunta de Goberno Local do 20 de xullo de 2023 aprobouse o expediente da segunda licitación, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria, cun único criterio de adxudicación que é o prezo, para a concesión de unidades de enterramento no cemiterio municipal de Os Batáns. Os/as interesados/as deberán presentar ata o 25 de agosto, ás 14.00 horas, a correspondente solicitude para a adxudicación de unidades de enterramento do cemiterio municipal de Ames. A solicitude pódese realizar a través da Sede electrónica ou de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de Bertamiráns e do Milladoiro. Para máis información pódese acceder á plataforma de contratación do sector público onde se pode consultar o expediente de licitación.
Venres, 11 agosto, 2023
O Concello de Ames organiza máis actividades do programa Ames Emprega e Integra. Desta volta trátase de cursos sobre a preparación de competecias clave e a preparación de probas da ESO. Estas formacións impártense no Espazo A Proa (rúa das Hedras, número 2, O Milladoiro) e no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Tamén se porán en marcha proximamente novos cursos de formación sectorial.
Venres, 11 agosto, 2023
O alcalde, a través dun bando municipal, comunica que a partir do próximo sábado, 19 de agosto de 2023, debido ao traslado temporal do mercadillo municipal que ten lugar os sábados de cada mes, procederase ao seguinte:
Venres, 11 agosto, 2023
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Mércores, 9 agosto, 2023
Con motivo do avance da execución das obras de creación da améndoa central de Bertamiráns, incluída na EDUSI Impulsa Ames, o alcalde a través dun bando municipal, comunica que a partir do mércores, 16 de agosto de 2023, procederase ao seguinte:
Luns, 7 agosto, 2023
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de crianzas admitidas e excluídas no programa de conciliación Setembro Lúdico 2023, para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín e o CEIP A Maía. O prazo de subsanacións remata o 22 de agosto.
Venres, 4 agosto, 2023
O alcalde a través dun bando municipal comunica que con motivo das obras da améndoa central de Bertamiráns o mercadillo municipal dos sábados trasládase de forma temporal á travesía da Peregrina.
- ‹ anterior
- 51 de 137
- seguinte ›