Avisos
Venres, 1 setembro, 2023
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Martes, 29 agosto, 2023
O departamento de Normalización Lingüística informa de que as prazas para participar no Familia Delas Fest están esgotadas. O obradoiro busca achegar á cativada á arte urbana contextual dun xeito lúdico, e desenvolverase este venres, 1 de setembro, ás 17:00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.
Martes, 29 agosto, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai públicos os anuncios do BOP coa declaración de persoal laboral fixo e relación de aspirantes aprobados polos tribunais de varios procesos selectivos, así como os anuncios do DOG coa declaración de persoal laboral-fixo discontinuo e o nomeamento de persoal funcionario de carreira e declaración de persoal laboral fixo de varios procesos selectivos.
Martes, 29 agosto, 2023
O alcalde, a través dun bando municipal, comunica que por mor da actuación da Orquestra Olympus que terá lugar o vindeiro domingo día 3 de setembro de 2023 no aparcadoiro da Rúa Agro do medio no Milladoiro se prohíbe:
Luns, 28 agosto, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a acta do tribunal encargado de xulgar as probas do proceso selectivo para a estabilización de dezanove (19) prazas de auxiliar administrativo/a. O Tribunal acordou reunirse o vindeiro venres 8 de setembro ás 10:00 horas para a preparación e posterior celebración da proba de coñecemento de lingua galega, así como para a resolución das alegacións á fase de baremación que puideran ter sido presentadas. Así mesmo, convócase á aspirante que non acreditou estar en posesión do certificado de lingua galega CELGA 3 á realización da proba específica, que terá lugar o venres 8 ás 10:30 horas.
Mércores, 23 agosto, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai públicas doce actas do Tribunal encargado do proceso selectivo para a estabilización das prazas incluídas na OPE 2022. Nelas, resólvense as distintas alegacións dos aspirantes e propóñense aos candidatos a ocupar as prazas, establecendo un período de 20 días para que estes presenten os documentos acreditativos dos requisitos esixidos.
Mércores, 23 agosto, 2023
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de crianzas admitidas e excluídas no programa de conciliación Setembro Lúdico 2023, para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín e o CEIP A Maía.
Martes, 22 agosto, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a acta de constitución do Tribunal encargado de xulgar as probas do proceso selectivo para a estabilización por concurso de dezanove prazas de auxiliar administrativo/a. Ademais, faise público o resultado da baremación de méritos das persoas aspirantes.
Martes, 22 agosto, 2023
A unidade móbil de doazón de sangue, que esta mañá está instalada en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía), cambiará de ubicación durante o seu horario de tarde por mor das altas temperaturas. Deste xeito, entre as 15:30 e as 21:00 horas situarase xunto ao número 24 da avenida da Maía, na beirarrúa de enfronte.
Martes, 22 agosto, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Servizos Básicos, informa da posta a disposición da cidadanía dun novo número de teléfono móbil para facer uso da opción de recollida de voluminosos e enseres do Punto Limpo. É o 609 533 516. Tamén se pode chamar ao 639 107 638. O número 981 191 240, do que se podía facer uso ata agora, xa non funciona. Mediante este servizo acórdase unha hora e un lugar para que a veciñanza deposite os voluminosos xunto ao contedor máis próximo, de xeito que posteriormente se realice a súa recollida.
- ‹ anterior
- 50 de 137
- seguinte ›