Pestanas principais

Información sobre o cambio temporal de localización do mercado de rúa de Bertamiráns

Venres, 4 agosto, 2023
O alcalde a través dun bando municipal comunica que con motivo das obras da améndoa central de Bertamiráns o mercadillo municipal dos sábados trasládase de forma temporal á travesía da Peregrina.

Ademais, infórmase que partir do vindeiro martes, 8 de agosto de 2023, os contedores que están situados na travesía da Peregrina (zona sinalada cun círculo en cor vermello trasladaranse a zona sinalada cun círculo en cor azul).

Multimedia