Avisos
Mércores, 9 agosto, 2023
Con motivo do avance da execución das obras de creación da améndoa central de Bertamiráns, incluída na EDUSI Impulsa Ames, o alcalde a través dun bando municipal, comunica que a partir do mércores, 16 de agosto de 2023, procederase ao seguinte:
Luns, 7 agosto, 2023
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de crianzas admitidas e excluídas no programa de conciliación Setembro Lúdico 2023, para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín e o CEIP A Maía. O prazo de subsanacións remata o 22 de agosto.
Venres, 4 agosto, 2023
O alcalde a través dun bando municipal comunica que con motivo das obras da améndoa central de Bertamiráns o mercadillo municipal dos sábados trasládase de forma temporal á travesía da Peregrina.
Venres, 4 agosto, 2023
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 3 agosto, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio do Diario Oficial de Galicia (DOG) polo que se declara como persoal laboral fixo discontinuo aos aspirantes seleccionados para catro prazas de profesorado na Escola Municipal de Música de Ames (EMMA), que están incluidas dentro do proceso de estabilización da oferta de emprego público de 2022.
Martes, 1 agosto, 2023
O Concello de Ames informa da aprobación dun decreto de ampliación do horario dos locais de hostalaría, tanto no interior como nas terrazas, situados nos núcleos de Milladoiro e Bertamiráns con motivo das festas da Madalena e da Peregrina respectivamente que se celebran dende o venres 4 ata o luns 14 de agosto.
Luns, 31 xullo, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai públicos os anuncios das primeiras actas dos Tribunais dos procesos selectivos para a selección de diversas prazas que están incluídas dento do proceso de estabilización de emprego temporal da oferta de emprego público de 2022.
Venres, 28 xullo, 2023
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 28 xullo, 2023
Con motivo do avance da execución das obras de creación da améndoa central de Bertamiráns, incluída na EDUSI Impulsa Ames, o alcalde a través dun bando municipal, comunica que o martes 1 de agosto debido á execución dunha nova subfase na rúa Alcalde Lorenzo, procederase ao seguinte:
Xoves, 27 xullo, 2023
O Concello de Ames organiza novas actividades do programa Ames Emprega e Integra. Desta volta trátase de cursos sobre o uso do smartphone para a mellora da calidade de vida e de busca de emprego na rede. Tamén se están impartindo cursos de formación sectorial. Os cursos impártense no Espazo A Proa (rúa das Hedras, número 2, O Milladoiro) e no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.
- ‹ anterior
- 52 de 138
- seguinte ›