Avisos
Resultado do sorteo realizado para asignar as prazas do novo alumnado da EMMA para o curso 2026-2027
Xoves, 11 xuño, 2026
O Concello de Ames informa sobre o resultado do sorteo realizado para asignar as prazas do novo alumnado da Escola Municipal de Música de Ames que se realizou este xoves 11 de xuño.
Mércores, 10 xuño, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listas provisionais de nenos/as admitidos/as e excluídos/as no programa municipal da Escola de Verán 2026. Este servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estean escolarizados no 2º ciclo de educación infantil e en educación primaria. O prazo para emendas e baixas está aberto ata o 23 de xuño. Podes consultar as listaxes completas ao pé deste aviso.
Mércores, 10 xuño, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 13 de xuño, ás 13.00 horas, organízase un sorteo de cesta de alimentos.
Mércores, 10 xuño, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento municipal de Informática, organiza para o mércores 17 de xuño, en horario de 11.00 a 14.00 horas, unha xornada sobre ciberseguridade, que imparte o persoal de AMTEGA. Trátase dun obradoiro gratuíto que se vai impartir de forma presencial na Casa da Cultura do Milladoiro.
Mércores, 10 xuño, 2026
O Concello de Ames abre o prazo para solicitar permiso para a realización de cacharelas na noite de San Xoán, o vindeiro 23 de xuño. No caso dos espazos públicos, o prazo comprende do 5 ao 17 de xuño, ás 13:30 horas; mentres que para os espazos privados será do 5 ata o 21 de xuño, tamén ás 13:30 horas. As normas faranse extensivas á celebración de cacharelas/sardiñadas durante todo o mes de xuño. As solicitudes deberán presentarse preferentemente por rexistro telemático, a través da Sede electrónica do Concello de Ames. Tamén poderá facerse de maneira presencial nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello. Podes descargar o impreso de solicitude ao pé deste aviso.
Martes, 9 xuño, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que está aberto o prazo de matrícula nas escolas infantís municipais A Madalena e O Bosque para o curso escolar 2026-2027. O prazo de matrícula abrangue do 1 ao 15 de xuño.
Martes, 9 xuño, 2026
O proxecto xuvenil Distrito 13 17 organiza no mes de xuño, do venres 19 ao sábado 20, unha xornada de convivencia no Camping O Corgo (Muíños). Esta experiencia estará chea de aventura, xogos, convivencia e momentos para crear grupo fóra do habitual. Haberá autobús dende Bertamiráns e Milladoiro en horario de tarde (as horas exactas serán confirmadas proximamente). Para máis información, as persoas interesadas poden contactar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484.
Venres, 5 xuño, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 5 xuño, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 5 xuño, 2026
As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, anunciaron que durante as próximas semanas realizarán no concello de Ames o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que lle permitirá á veciñanza amesá gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. As parroquias afectadas son as seguintes: Agrón, A Ameixenda, Piñeiro, Tapia, Lens e Trasmonte.
- ‹ anterior
- 8 de 176
- seguinte ›




