Avisos

Ex., 04-09-2026
Ex., 04-09-2026
Venres, 19 xuño, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 18 xuño, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 20 de xuño organízase unha degustación de tapas en tres locais hostaleiros de Ames, que serán elaboradas con produtos do mercado de horta e artesanía de Ames. Dita degustación ofrecerase nos restaurantes Onde Keiras, Tivolino e Mollos e Moios.
Xoves, 18 xuño, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Turismo, organizou para o sábado 20 de xuño, ás 12.00 horas, unha visita ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns, que se enmarca dentro do programa de visita aos Lugares Rosalianos que marcaron a vida e obra de Rosalía. Ditas visitas están teatralizadas polos Quinquilláns. Esta actividade enmárcase dentro do convenio asinado polos Concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón para promover a ruta As pegadas de Rosalía. Para participar hai que enviar un correo electrónico ao enderezo turismo@concellodeames.gal.
Mércores, 17 xuño, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes e da Promoción da Saúde, informa de que se adía a andaina saudable, que percorre o cuarto tramo da ruta da Ría da Estrela entre Noia e Fontefría.
Luns, 15 xuño, 2026
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de nenas e nenos admitidas e excluídas do programa de conciliación Xuño Lúdico 2026, que se vai desenvolver no CEP Ventín, na EEI do Milladoiro e no CEIP A Maía.
Sábado, 13 xuño, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes e da Promoción da Saúde, informa de que está aberto o prazo para inscribirse na cuarta etapa da ruta da Ría da Estrela, que se vai a realizar o sábado 20 de xuño. Nesta andaina vaise a percorrer o tramo que discorre entre Noia e Fontefría. Para esta actividade ofértanse 50 prazas.
Venres, 12 xuño, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 12 xuño, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 12 xuño, 2026
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 195/71GAL dun fenómeno meteorolóxico adverso por TEMPERATURAS MÁXIMAS NIVEL AMARELO, que se iniciará a partir das 13:00 horas de hoxe e ata as últimas horas da tarde, afectando a PONTEVEDRA (Rías Baixas e Miño), A CORUÑA (interior e suroeste), LUGO (sur) e OURENSE (Miño). Nas zonas de Pontevedra e A Coruña poderanse acadar os 34ºC, mentres que nas de Lugo e Ourense espéranse unhas máximas de ata 36ºC.
Venres, 12 xuño, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Medio Ambiente, abre ata o 15 de xuño un prazo extraordinario de solicitude de praza para ocupar aquelas prazas que quedaron vacantes nos campamentos da Granxa Escola de Bergando e Corazón de Carballo, que están dirixidos a alumnado de 1º e 2 de educación primaria. A documentación presentarase preferiblemente a través do rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR). As prazas serán outorgadas por orde de entrada da solicitude no rexistro do Concello de Ames.