Avisos
Martes, 12 maio, 2026
O Concello de Ames informa sobre a publicación da listaxe definitiva de solicitudes presentadas ao programa municipal de campamentos de verán 2026 dirixidos ao alumnado de educación primaria. As devanditas listas están publicadas na web municipal e nos taboleiros oficiais do Concello. Nos campamentos ofertados pola Aula da Natureza non é preciso realizar sorteo.
Luns, 11 maio, 2026
O Concello de Ames informa sobre a publicación da listaxe definitiva de solicitudes presentadas ao programa municipal de campamentos xuvenís de verán 2026. As devanditas listas están publicadas na web municipal e nos taboleiros oficiais do Concello.
Luns, 11 maio, 2026
Dende o xoves 30 de abril, e ata o 15 de maio está aberto o prazo de inscrición para participar na Escola de Verán, unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar da veciñanza de Ames durante o período non lectivo dos meses de xullo e agosto. O servizo está dirixido aos nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria. O programa impartirase no CEIP da Maía, en Bertamiráns, e na EEI do Milladoiro e CEP de Ventín, no Milladoiro. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). As solicitudes presentadas fóra de prazo irán a unha listaxe de agarda.
Luns, 11 maio, 2026
O Concello de Ames dá conta da comunicación emitida polo Instituto Galego de Estadística na que se informa de que durante as vindeiras semanas se vai a realizar unha operación estatística denominada "Enquisa estrutural de Fogares". Está campaña está dirixida a 9.216 vivendas repartidas por todo o territorio galego, entre as que figuran vivendas do concello de Ames. As visitas realizaranse entre o 18 de maio e o 5 de xullo por persoal enquisador debidamente acreditado para cubrir o cuestionario estatístico. As vivendas seleccionadas recibirán unha carta informándolles previamente da obriga de facilitar ditos datos.
Sábado, 9 maio, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa sobre a publicación das listaxes provisionais de admitidos/as das escolas infantís municipais A Madalena e O Bosque para o curso escolar 2026-2027. Deste xeito, abre o prazo de información pública durante 10 días hábiles a efectos de exame e reclamacións. Finalizado dito prazo publicaranse as listaxes definitivas e abrirase o prazo de matrícula que será do 1 ao 15 de xuño, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
Venres, 8 maio, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 8 maio, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 7 maio, 2026
O Concello de Ames informa de que se adía a xornada en Ames do programa de visita aos lugares Rosalianos que marcaron a vida e obra de Rosalía. Neste caso visitarase o Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Esta actividade cambiase de data debido a previsión meteorolóxica que apunta choiva para este sábado 9 de maio. A visita farase o sábado 20 de xuño. Terán preferencia as persoas que se inscribiron e dispoñen de praza.
Xoves, 7 maio, 2026
O Concello de Ames informa de que se adía a andaina polo Mar de Ovellas, que está prevista para este domingo 10 de maio. Esta actividade cambiase de data debido a previsión meteorolóxica que apunta choiva para este domingo. A andaina farase o domingo 7 de xuño. Terán preferencia as persoas que se inscribiron e dispoñen de praza.
Martes, 5 maio, 2026
Dende o 4 de maio está aberto o prazo para que o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) poida renovar a súa praza de cara ao vindeiro curso 2026-2027. A solicitude poderase realizar ata o luns 11 de maio, a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro, situadas na Casa do Concello (Bertamiráns) e na Oficina municipal do Milladoiro.
- ‹ anterior
- 12 de 176
- seguinte ›




