Avisos

Ex., 05-09-2026
Ex., 05-09-2026
Venres, 22 maio, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 22 maio, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 21 maio, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio sobre a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as no procedemento de selección, polo sistema de concurso oposición, para arquitecto (funcionario interino) e posterior formación dunha bolsa de traballo do Concello de Ames.
Xoves, 21 maio, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes e da Promoción da Saúde, informa de que está aberto o prazo para inscribirse na terceira etapa da ruta da Ría da Estrela, que se vai a realizar o sábado 30 de maio. Nesta andaina vaise a percorrer o tramo que discorre entre Serra de Outes e Noia. Para esta actividade ofértanse 50 prazas.
Xoves, 21 maio, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Xuventude, informa sobre o resultado do sorteo de prazas para participar en tres campamentos xuvenís de verán 2026, que están dirixidos a mozos e mozas de educación secundaria e bacharelato. Unha vez adxudicada a praza a oficina de Recadación enviará ao correo electrónico facilitado, a folla de autoliquidación na que figura o importe e prazo do pagamento. No momento en que se realice dito pagamento a matricula quedará formalizada. Non é necesario achegar xustificante de pago (comprobarase de oficio).
Mércores, 20 maio, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 23 de maio organízase unha degustación de tapas en catro locais hostaleiros de Ames, que serán elaboradas con produtos do mercado de horta e artesanía de Ames. Dita degustación ofrecerase no restaurante Onde Keiras, Bar O Recreo, Café-Bar Terra e Restaurante Mollos e Moios.
Mércores, 20 maio, 2026
Desde o Servizo de Normalización Lingüística informan de que están esgotadas as prazas para a Foliada con Apego, que se vai desenvolver no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, o venres 22 de maio, ás 18:00 horas coas cantareiras e pandeireteiras María e Carme da Pontragha.
Martes, 19 maio, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio coa lista de agarda do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de agarda para o posto de técnico informático do Concello de Ames.
Venres, 15 maio, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 15 maio, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.