- Tematica
Neste caso visitarase o Pazo da Peregrina de Bertamiráns, para coñecer a vinculación de Rosalía e da súa familia paterna con este lugar. Esta actividade estará teatralizada polos Quinquilláns. Finalmente farase o sábado 20 de xuño, ás 12.00 horas. Esta actividade enmárcase dentro do convenio asinado polos Concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón para promover a ruta "As pegadas de Rosalía".
Haberá tres visitas máis a lugares Rosalianos durante os meses de maio, xullo e setembro. O 23 de maio, ás 11.00 horas, visitarase a Casa de Rosalía, en Padrón. As inscrición hai que tramitalas en www.padronturismo.gal/inscricions. Para o 3 de xullo, ás 18.00 horas, está prevista a visita á igrexa de Bastavales. Neste caso as inscricións hai que facelas enviando un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodebrion.gal.
Por último, o 4 de setembro, ás 20.00 horas, visitaranse As Torres da Hermida, en Lestrobe (Dodro). As persoas que estean interesadas en participar teñen que enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@dodro.gal. As inscrición para todas as visitas son gratuítas e poden tramitarse ata o día previo de cada actividade. As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.




