- Tematica
Unha vez adxudicada a praza a oficina de recadación enviará ao correo electrónico facilitado, a folla de autoliquidación na que figura o importe e prazo do pagamento. Unha vez realizado o pagamento a matrícula quedará formalizada. Non é necesario achegar xustificante de pago (comprobarase de oficio). O pagamento das taxas poderá fraccionarse en dous pagos (50% do custe de cada un). O primeiro pagamento deberá ser realizado entre o 25 e o 31 de maio, e o segundo entre o 8 e o 14 de xuño.
Excepcionalmente poderá solicitarse o impreso de pagamento de xeito presencial nas Oficinas de Recadación do Milladoiro (rúa Viorneira, número 6) e de Bertamiráns (praza da Horta de Abaixo, número 6) ou a través do correo electrónico ames@canaltributos.com.
No caso de dispor de Certificado Dixital ou DNI electrónico poderase descargar ou pagar a autoliquidación premendo nesta ligazón, ou ben a través da banca electrónica de ABANCA. No caso de non aboar o importe do campamento nos prazos establecidos, considerarase baixa inmediata no servizo sen posibilidade de recuperar os importes aboados, agás causa xustificada.
Máis información
Para máis información sobre os campamentos de infantil, primaria e urbano pódese contactar coa Aula da Natureza, chamando ao número de teléfono 660 004 665 ou enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal. O horario de atención é de 9:00 a 14:00 horas.





