Actualidade

Ex., 16-08-2026
Ex., 16-08-2026
Xoves, 06 de maio de 2021
EMMA

Durante as últimas semanas o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames gravou seis vídeos. Na actividade participaron dous grupos de violín, con colaboracións de frautas, un de música e de movementos, o alumando de saxofón, de canto e de combos. As pezas poden ser vistas por toda a veciñanza a través da canle de YouTube do Concello. 

Mércores, 23 de decembro de 2020
Escola de música.

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames gravou varias cancións de Nadal para felicitar o Nadal. Debido ás medidas de restrición pola Covid, este ano non se celebrou o tradicional concerto de Nadal. Por iso os profesores/as e alumnos/as da EMMA realizaron o pasado venres, 18 e decembro, unha gravación de diferentes temas de Nadal que comparten agora con toda veciñanza a través da canle de YouTube do Concello.

Mércores, 30 de setembro de 2020
Escola Municipal de Música.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, informa de que este xoves, 1 de outubro, comezarán as clases individuais de instrumento e canto. Posteriormente, o día 13 de outubro volverán os rapaces e rapazas, así como persoas adultas, que acoden ás clases colectivas e de agrupacións. O obxectivo é facer unha volta ás clases o máis organizada e segura posible. Esta volta ás clases está vinculada a un protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19, para crear unha contorna saudable e segura mediante o establecemento das medidas preventivas, colectivas e individuais, que deben tomarse no inicio e no desenvolvemento do curso escolar 2020-2021.

Luns, 14 de setembro de 2020
Imaxe de arquivo dunha actuación da EMMA

Dende a Concellaría Cultura infórmase que este ano, debido a pandemia derivada da Covid-19, as clases da Escola Municipal de Música aprázanse ao día 1 de outubro. Dito aprazamento está provocado polos traballos de acondicionamento das aulas da EMMA e pola elaboración dun protocolo para que o comezo e desenvolvemento da actividade na escola sexa o máis seguro posible, tanto para o alumnado coma as familias e o profesorado. Dende a Concellaría de Cultura tamén se informa de que proximamente se vai abrir un prazo de inscrición para alumnado novo que queira iniciar estudos na Escola de Música.

Venres, 19 de xuño de 2020
Concerto online da EMMA

Este venres, 19 de xuño, remata o curso 2019-2020 na Escola Municipal de Música de Ames. Para conmemoralo, está programado un concerto online na canle de Youtube do Concello de Ames. Será a partir das 19.00 horas, e contará coas actuacións dos diferentes grupos que conforman a Escola. Os vídeos das actuacións iranse subindo de maneira progresiva ata as 19.45 horas.

Luns, 15 de xuño de 2020
Renovación matrícula EMMA

Hoxe, luns 15 de xuño, abre o prazo de renovación na Escola Municipal de Música de Ames para o alumnado que xa estivo matriculado neste curso. O prazo estará aberto ata o próximo 30 de xuño, e debido ás circunstancias xa coñecidas, a renovación realizarase preferiblemente a través da sede electrónica do concello. Pódese descargar o formulario de solicitude de renovación de praza ao pé desta nova.

Mércores, 10 de xuño de 2020
Renovación de matrícula na EMMA 2020-2021

A Escola Municipal de Música de Ames abrirá o prazo de renovación de prazas para o curso 2020-2021 do 15 ao 30 de xuño.  Este primeiro prazo de inscrición está orientado, exclusivamente, ás alumnas e alumnos da Escola para a continuación dos seus estudos. Debido ás circunstancias xa coñecidas, a renovación realizarase preferiblemente a través da sede electrónica do concello. Pódese descargar o formulario de solicitude de renovación de praza ao pé desta nova.

Martes, 02 de xuño de 2020
EMMA 2018-2019

A Escola Municipal de Música de Ames non parou durante este estado de alarma, adoptando a súa formación a esta situación extraordinaria. Tanto o persoal docente como as alumnas e alumnos, co apoio das súas familias, fixeron todo o posible para proseguir coa formación de maneira telemática. Agora, nos mostran todo o que traballaron a través dunha serie de vídeos que xa están dispoñibles na canle de Youtube do Concello de Ames.

Sábado, 28 de marzo de 2020
Escola Municipal de Música de Ames

A Escola Municipal de Música de Ames tamén se adapta a esta situación extraordinaria que estamos a vivir. Tanto persoal docente como as súas alumnas e alumnos, co apoio das súas familias, están facendo todo o posible para proseguir coa formación de maneira telemática. 

Martes, 11 de xuño de 2019
Cartel das audicións da Escola municipal de música de Ames

Os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) ofrecerán do 11 ao 20 de xuño unha serie de audicións de violín, guitarra, piano e canto, no edificio multiusos de Aldea Nova. As audicións de fin de curso, que comezarán a diferentes horas, teñen como obxectivo que o alumnado da EMMA poida amosar as súas familias e amizades o traballo desenvolvido desde o inicio do curso.