Pestanas principais

A Escola Municipal de Música de Ames segue coa formación durante o estado de alarma

Sábado, 28 de marzo de 2020

A Escola Municipal de Música de Ames tamén se adapta a esta situación extraordinaria que estamos a vivir. Tanto persoal docente como as súas alumnas e alumnos, co apoio das súas familias, están facendo todo o posible para proseguir coa formación de maneira telemática. 

As clases presenciais da Escola Municipal de Música de Ames quedaron suspendidas fai días debido á situación de alerta sanitaria provocada polo COVID19. Pero isto non foi impedimento para que proseguiran as clases de música.

A través da aplicación TokApp, o persoal docente envía aos estudantes o material ou enlaces cos que deben de traballar, e posteriormente, a rapazada envía as súas tarefas aos docentes para que estes poidan corrixilas.

Patricia, directora da EMMA, explica que “todo isto axuda aos rapaces a ter unha actividade e a conservar as rutinas, ademais de que a EMMA non pon notas, polo que están desfrutando e formándose dunha maneira relaxada”.

De feito, en moitas ocasións a rapazada conta con acompañantes, como familiares ou veciños/as, que fan moito máis divertidas as tarefas de música, e un pouco máis ameno o confinamento nas casas.

 

Novas relacionadas:

Compostela 24 horas: "A Escola Municipal de Música de Ames segue coa formación durante o estado de alarma"

Escola Municipal de Música de Ames

Multimedia

  • Embedded thumbnail for