Pestanas principais

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames felicita o Nadal a través da canle de YouTube do Concello de Ames

Mércores, 23 de decembro de 2020

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames gravou varias cancións de Nadal para felicitar o Nadal. Debido ás medidas de restrición pola Covid, este ano non se celebrou o tradicional concerto de Nadal. Por iso os profesores/as e alumnos/as da EMMA realizaron o pasado venres, 18 e decembro, unha gravación de diferentes temas de Nadal que comparten agora con toda veciñanza a través da canle de YouTube do Concello.

O pasado 1 de outubro botou a andar o curso 2020/2021 da Escola Municipal de Música de Ames. Para a volta ás aulas do alumnado da EMMA foi necesario elaborar un protocolo específico de adaptación ao contexto da Covid-19, que está baseado nas indicacións sanitarias xerais e considerando tamén ás relativas ás actividades educativas e musicais. 

Este ano debido ás medidas de restrición pola Covid non se celebrou o tradicional concerto de Nadal da EMMA. Por iso os profesores/as e alumnos/as da EMMA realizaron o pasado venres, 18 e decembro, unha gravación de diferentes temas de Nadal que comparten agora con toda veciñanza a través da canle de YouTube do Concello. 

Deste xeito, pódese ver ao alumnado da Escola de Música de Ames interpretando os temas: Jingle Bells; Eu quérote só a ti este Nadal; Noite de Paz; e Campá sobre Campá.

Escola de música.

Multimedia

  • Embedded thumbnail for
  • Embedded thumbnail for
  • Embedded thumbnail for
  • Embedded thumbnail for